Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Somos ou non somos

lunes, 04 de mayo de 2015
Abonda con prestarlle atención ao tráfico automobilístico das nosas estradas para decatármonos de que boa parte da publicidade comercial reproduce os topónimos, maiores e menores, dos lugares onden radican esas empresas deturpados. É tal o desleixo que nalgún casos resultan incomprensibles. Esta constatación evidencia a insensibilidade de boa parte do empresariado galego polo noso patrimonio cultural.

A esta desorde súmanse algunhas redes sociais que lles impiden aos seus usuarios utilizar nos seus propios perfís o nome oficial da localidade onde viven, porque ao cumprimentaren os requisitos esixidos para abrilos, automaticamente son traducidos ao castrapo que noutrora era frecuente nos indicadores de poboación en Galicia. A inobservancia da legalidade está presente tamén nas tiquetas de moitas marcas de produtos agroalimentarios.

Pero máis chamativa é, despois de tantos anos en vigor dos decretos da Xunta de Galicia que os oficializou, que algúns organismos da Administración do Estado con competencias en Galicia sigan facendo caso omiso desa lexislación. Os documentos nacionais de identidade expedidos polas comisarias de policia, por exemplo, son unha mostra máis dese asañudo comportamento oficial. Por paradoxal que pareza observamos idéntica actitude nas resolucións xudiciais.

En 1984 a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia levara a cabo unha eficaz campaña para instar ás corporacións locais a restaurar a nosa toponimia. Foi importante para a súa normalización a “Declaración dos Alcaldes pola normalización Lingüística”, e tamén as xestións realizadas coa Telefónica para que as edicións das guías recollesen os nomes oficiais das localidades, e que, ao tempo, os consistorios galegos se localizasen como “Casa do Concello”. Gardamos como testemuño daquelas xestións a carta de don Luís Solana, presidente da compañía, accedendo aos nosos pedimentos.

Daquela eran frecuentes as corrección feitas por mans anónimas nos indicadores de poboación, que nalgúns casos acabaron con detencións e posteriores xuízos condenatorios. En 1985, en Compostela, un xuíz, don Carlos López Keller, con sentido común na aplicación do dereito, ditara unha inusual sentenza absolutoria por considerar que os feitos declarados probados non eran legalmente constitutivos de delito “porque o acusado limitouse a se adiantar á actuación oficial, que, por outra banda como é público e notorio, procedeu en numerosos lugares a redactar en galego os nomes dos lugares nos sinais de tráfico”. Pouco lle faltou ao xuíz para condenar á Administración a pagarlle o importe da brocha e a pintura ao acusado.

O paso do tempo non foi abondo para que empresas e algunhas institucións públicas fosen máis respectuosas coa legalidade. Por esta razón non estaría de máis que o Goberno galego arbitrase algunhas medidas instando a notarios e rexistradores a correxiren de oficio a documentación presentada por particulares para a constitución de sociedades e todos os instrumentos xurídicos; medidas que deberan ser extensibles aos seus propios organismos con competencias en transportes. Tampouco estaría de máis unha imaxinativa campaña publicitaria.

(Xosé González Martínez é Presidente do Foro E. Peinador).
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania