Complementarse
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 30 de abril de 2015
¿Coñece algunha persoa que se poida amañar por si soa?
Eu, sinceramente, non a coñezo.
Eu preciso imperiosamente da axuda dos outros.
Coñezo moitas persoas completas no sentido de que son moi boas persoas, teñen una preparación excelente, gozan de moi boa posición familiar e social; pero aínda así, precisan dos outros.
Todos precisamos de todos. ¿Ou, non?
A maiorá das persoas como vostede e coma min, aínda sendo persoas de valía, somos conscientes da nosa valía real.
Tamén somos concientes das nosas limitacións e por eso non somos engreídas.
Somos conscientes do que nos falta e facemos todo o posible por complementármonos con outras, compartindo o que somos, o que sabemos e o que temos.
Afortunadamente hai moitísimas persoas así.
Vostede é unha delas, e coñece moitísimas máis. ¿Verdade?
-Desde o momento que somos concebidos, necesitamos complementarnos coa enexía da nosa nai para desenrolarnos no ventre materno.
Millóns e millóns de mulleres embarazadas cos seus respectivos fetos están no mundo facendo una misión importantísima e insustituible de modo completamente natural.
E non van facendo ruido, nin manifestacións.
Fan a súa misón caladiñamente. ¡E ben importate que é!
-O labrador traballa silenciosamente para alimenmtar á humanidade.
Hai quen di que co tempo alimentarémonos con pastillas, pero eso aínda está por ver.
De mometo o labrador é o sostén da humanidade.
Por eso deben ser moi valoradas a súa persoa e a súa suor, porque sen o seu valioso labor, a humanidade morrería por inanición.
-As persoas con vocación de pais, necesitan ter fillos e os fillos precisan da axuda dos pais para criarse.
Os fillos enchen dalgunha maneira a vida dos pais e os pais enchen da mesma maneira a vida dos fillos.
Por eso presumen tanto uns dos outros.
-O alumnado precisa do profesorado para que lle abra os ollos da intelixencia para quie saiba ir polo mundo.
E o profesorado necesita do alumnado para transmitirlle a súa sabedoría.
O alumnado complementa ó profesorado e viceversa.
Son moitas as persoas que saben apreciar moi ben canto fai por eles o profesorado e moitas veces quedan entre elas unhas relacións moi afectuosas para toda a vida.
-Cando estamos enfermos
¡Canto ansiamos que un especialista en medicina nos poña remedio!
O médico é o complemento do doente para que este se restablezca.
O enfermo é o complemenmto do médico para que este poida sentirse realizado como profesional, aplicando o remedio indicado en cada caso.
A parte están as persoas coidadoras, que tamén son imprescindibles.
A verdade é que eu sinto un gran alivio cando o especialista correspondente pon remedio ó meu mal.
Exprésolle tan ben como sei o meu agradecemento.
Tamén sinto un gran aprezo polas persoas que me coidan e tamén polas que me visitan.
Todos son importantes.
Se vostede vivíu os efectos da enfermidade algunha vez, sabe ben como é eso.
Pero se non lle tocou pasar por eses apuros, moito mellor. ¡Noraboa!
-Tamén son indispensables: os fabricantes de calzado, os da vestimenta, os do transporte, os dos servizos
Todos. Absolutamente todos nos complementamos uns cos outros.
-E tamén se complementan os empresarios co persoal laboral.. Por eso a sociedade está estructurada según una pirámide social.
Outra cousa ben diferente son os abusos.
¿Cando comprenderemos que todos nos necesitamos e que todos nos complementamos?
Cada labor, cada profesión ten as súas ventaxas e os seu inconvintes.
Tamen ás súas enfermedades características; pero tódalas profesións, tódolos oficios por moi humildes que sexan, son todos moi necesarios.
Todos somos necesarios para complementarnos compartindo o que somos, o que sabemos e o que temos.
Canta máis complementariedade se dea entre os humanos, mellor parados sairemos todos.
¿IMOS POR BO CAMIÑO?
Fagamos todos unha reflexión.
O mundo vai o ben que vai grazas á capacidade de complementariedade que teñen moitas boas persoas como vostede.
Graciñas por estar aí.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora