Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Compartir Vida e Pan

martes, 02 de mayo de 2006
Ler/meditar as Escrituras e compartir o Pan Eucarístico foron os elementos básicos da vida común e das celebracións eucarísticas das primeiras comunidades cristiás. O marco ideal para facerse presente o Resucitado. O mesmo acontece cando se vive, en fondura e coherencia, a experiencia persoal/comunitaria do encontro co Señor Resucitado.

Co Resucitado comeza o futuro. E resucita a esperanza. Despois da desaparición física do Crucificado os discípulos están (andan) tristes, “asustados e cheos de medo”. Mesmo no encontro con El ”pensan que é un pantasma”. Perderan a fe e a esperanza. Coa experiencia persoal do encontro recuperan todo. Os discípulos contan as experiencias do camiño e todos reafirman “¡cómo recoñeceron ó Resucitado ao compartir o Pan!”

O encontro co Resucitado segue a ser a base da fe e a esperanza dos cristiáns/ás. Na Eucaristía descubrimos a presenza do Resucitado e a forza para anunciar, sen medos e pesimismos, o comezo dun mundo distinto, novo, mellor. E tamén outro xeito de vida na que todas as persoas se sentan á mesma mesa para compartir o pan e a existencia que a sociedade egoísta do consumo está a negar a unha boa parte da humanidade.

Para recoñecer ao Señor e sentírmonos resucitados é preciso repartir/compartir o pan cos pobres da Terra, sentar a todos ao redor da mesma Mesa á que todos fomos e estamos invitados. “Xesús púxose no medio e doulles a paz”. O noso don principal é a paz como froito da resurrección de Cristo. Coa forza do Espírito do Resucitado temos de loitar para mudar de vida e traballar sementando paz e botando fóra as crispacións, liortas e violencias que levan ás divisións e mesmo á morte. Cómpre sermos testemuñas da paz pascual e colaborar en desbotar as causas do mal/morte de tantos crucificados por mor dos nosos egoísmos, covardías, medos e indiferenzas. ¡Fan falla testemuñas de fe/esperanza máis ca defensores da fe!

É posible cambiar o que vai mal. Comezar por miralas con ollos novos e limpos. Deixar atrás tristuras e medos e tentar de curar as cegueiras que impiden sentir a presenza de Deus nas nosas vidas e no mundo. O Resucitado segue a se encontrar connosco coma un irmán ledo, tristeiro, canso, enfermo, amigo...Na súa humanidade sentímonos todos acollidos e representados. A súa Resurrección garante a nosa, polo que nel poñemos a nosa confianza. A súa pedagoxía é activa, liberadora, construtiva.

¿Cal é a nosa!?. ¿Que facemos para imitalo!? O noso proxecto de vida ten de se centrar: Na escoita da Palabra e no compartir o Pan (Eucaristía e a existencia) para termos forza á hora de tender pontes entre persoas/culturas, abrir portas aos sen teito, patria ou traballo e así construír un mundo novo, solidario e fraternal. Estamos no tempo dun forte e firme compromiso con todos os famentos e empobrecidos da Terra.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES