Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Hospital asilo de Vilalba (31)

jueves, 30 de abril de 2015
Ano 1929 (I)

Comisión Executiva de 5 de xaneiro. Apróbanse as contas de 1928 e infórmase de que quedan 10.286,95 ₧. como remanente para 1929.

”La Unión Ciudadana. Boletín Órgano de 'Unión Ciudadana Anticaciquil' “ Repártese gratis a socios e simpatizantes. O primeiro número viu a luz en xaneiro. A súa saída foi irregular e coñecemos que en xaneiro do ano seguinte ía polo número quinto. Imprimíase nos talleres de “El Progreso Villalbés”. Nas súas paxinas tiñan cabida cuestións de carácter municipal e de propaganda do réxime de Primo de Rivera. Tamén contaba con colaboracións literarias, entre elas as de Carmiña Prieto Rouco quen nese medio deu a coñecer algúns poemas.

O Ferrocarril Central Galego. Mentres outras localidades miran polo seu futuro, parece que ninguén se move en Vilalba e o ansiado proxecto nin se move nin vai adiante. Un ferrocarril de Marín a Ribadeo pasando por Lugo podería supoñer o despegue económico da comarca.

Novo deán de Burgos. O noso veciño Antonio Prieto Poupariña, que ata agora era deán da catedral de Xaén, foi elevado ó mes# mo rango da catedral de Burgos. Os vilalbeses felicítano.

Fondos municipais para o hospital. Pagáronse as 4.000 ₧ que se destinaran a este fin nos orzamentos municipais de 1928.

O Hospital asilo de Vilalba (31) † A raíña nai, María Cristina, o 6 de febreiro. Anúnciase laconicamente o falecemento de María Cristina de Habsburgo Lorena, nai de Alfonso XIII e raíña gobernadora en España durante a minoría de idade do seu fillo. Nacera en 1858 como arquiduquesa de Austria e princesa de Hungría e Bohemia. En 1879 casara con Alfonso XII despois de que este quedase viúvo de María das Mercedes de Orleáns. Trala morte do rei, pasou a ser rexente de España pola minoría de Alfonso XIII. Nesta época, na que Cánovas e Sagasta exercían o poder por quendas, España perdeu as últimas colonias de ultramar, Cuba e Filipinas. O seu papel na política foi de simple representación, pois non participou nos enfrontamentos políticos. Despois da ascensión ó trono do seu fillo, dedicouse ás obras de caridade e á súa vida familiar. Foi unha gran namorada da cidade de San Sebastián, cidade onde pasaba os veráns.

«El Villalbés» de Bos Aires. Nomeou correspondente en Vilalba ó director de «Heraldo Villalbés», Antonio García Hermida. Como correspondencia, o «Heraldo Villalbés» nomeou correspondente para Bos Aires a Ramiro Verdes, director de «El Villalbés».

Entroido de 1929. Estivo moi animado. Para alegrar as festas, a xuventude organizouse en varias comparsas: «Las Niñas Bien»; «El Hecatombe F.C.»; «Los Pollos Pera»; «Los Astrólogos»; «Los Pollos Naranja» e «Los Orgullosos Argentinos».

A gripe. Son numerosas as persoas que padecen a enfermidade, tanto no núcleo urbano como no rural. Parece que polo de agora non é especialmente virulenta. O recordo e medo da gripe de dez anos antes aínda estaba presente entre a xente.

Os de «Burgás e Candamil» na Habana. Celebraron asemblea anual para elixir nova directiva. Foron proclamados: presidente, Benilde Castro; vice, Domingo Souto; secretario, Pedro Souto; vice, Aniceto Parga; tesoureiro, José Parga; vice, José Prieto; contador, Antonio Campos; vice, Plácido Gato; vogais, David Souto, Modesto Prieto, Silvano Polo, Daniel Prieto, Jesús Vivero, Ángel Balsa, Manuel Ramil e Manuel Álvarez; suplentes, José Souto, Narciso Purriños e Francisco Gómez.O Hospital asilo de Vilalba (31)
Asociación de mestres nacionais de Vilalba. Celebrou asemblea anual o 3 de marzo. Con asistencia da meirande parte dos asociados elixiuse nova directiva presidida por Carlos Moltó. Aprobáronse demandas destinadas á dignificación da profesión, á mellora económica e á mellor formación e selección dos profesores.

Novo equipo de fútbol. Constituíse na parroquia de Lanzós. Denomínase «Juventud Sporting Club de Lanzós». Na Directiva figuran Eduardo Cillero, Daniel Boizán, Jesús Otero, Germán Orosa, Magín Lodeiro, Ángel Martínez e Eugenio Insua.

Dimisión de concelleiros. Novo alcalde. En plena discusión de orzamentos, mes de marzo, varios concelleiros dimitiron: Manuel García Olano, Domingo Vázquez García, José Arias Varela, Juan Pérez Salgueiro, Antonio Lamas e Francisco Criado. Nomeouse novo alcalde a Manuel Fraga Bello quen no «Heraldo de Villalba» de 25 de abril dá a coñecer unha proclama poñéndose a disposición de todos os vilalbeses para o mellor goberno municipal.

Comisión Executiva de 12 de abril. Acórdase construír unha beira de formigón ó longo da fachada posterior do edificio e adquirir dous vasos de cemento para as columnas da entrada.

Escola de Santalla de Rioaveso. As obras de albanelería xa están rematadas. Contratáronse as de carpintería ó veciño de Vilalba Juan Fernández Teijeiro.
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES