Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festas que acaban coas festas

martes, 02 de mayo de 2006
Vimos de celebrar o primeiro de maio, a festa internacional do traballo, tan cuestionada en tempos neste país que foi preciso asignarlle o padroado de San Xosé Obreiro, para que non soase a rebelión obreira e sí soubese a demostración sindical, a celebración festiva, a fervorosa participación de obreiros satisfeitos.

Esta celebración nos tempos de hoxe, rexistrou en España medio cento de manifestacións que puideron congregar un cuarto de millón de persoas. Pero para vinte ou trinta millóns, esta celebración é un pretexto para unha nova ponte festiva, desas que requiren o sacrificio de medio cento de vidas nas estradas, e que orixinan masivos éxodos temporais, que eliminan calquera reivindicación do estilo da vella celebración anual da “Festa do traballo”.

Moi axiña celebraremos o Día das Letras Galegas, esa celebración chamada a exaltar a nosa fala e a creación literaria, inventada felizmente por Fernández del Riego e Gómez Román a comezos dos anos sesenta.

Nesta festa, aínda nos setenta e comezos dos oitenta, había a ilusión do case prohibido, a frescura da militancia, a loita da convicción… E cada celebración, cada ano, era unha nova figura que ascendía ó noso particular Olimpo galego. E cada Día das Letras, unha ocasión gloriosa para atopármonos todos na confesión colectiva, na devoción admirada… Ese día facíase festa nas aulas e nos corazóns.

Agora, o Día das Letras Galegas é festivo da nosa Comunidade. Polo tanto, non se traballa. Polo tanto, non hai clase nos centros educativos. Polo tanto, hai que celebrar este “Día”, fora do mesmo día.

Agora, o Día das Letras Galegas é o pretexto para outra ponte . E este ano cae en mércores, na metade da semana. Haberá que pensar en celebrar o Día, non só fora do Día, senón mesmo fora da semana na que corresponda.

Vai resultar que para reventar calquera celebración que para o poder pode resultar conflictiva non hai máis que “santificala”, convertila en xornada festiva, e todos nos encargaremos logo de vaciala de contido, pasar dela, e desactivar unha carga de profundidade que xa nunca máis estará cargada de futuro.

Son festas que acaban coas festas. É o noso espíritu festeiro, disposto sempre ó lecer, o que defunta datas que son historia, e que imos ter moi difícil recuperar unha vez perdidas.

Estamos en franca decadencia. Decadencia alegre, imparable, despreocupada que nos alonxa cada vez máis dos tempos en que había alguén contra quen loitar e temas que merecían ser celebrados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania