Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O exemplo da normalidade

lunes, 27 de abril de 2015
Desde hai vintecinco anos o xulgado de A Fonsagrada vén realizando a súa actividade xurisdicional en lingua galega. Un período tan dilatado no tempo recoñécelle a consideración de experiencia piloto de galeguidade xudicial sen precedentes. Os seus protagonistas foron xuíces e funcionarios que prestaron durante este tempo os seus servizos na oficina xudicial. Comezou esta andaina no ano 1990 co xuíz Xoán Montes, continuada posteriormente polos sucesivos titulares: Alberto Benéitez Antón, que malia ser vasco axiña aprendeu a escribir e falar no noso idioma; Luís Villares Naveira e Eladio Prieto Bellas, que é o xuíz actual. Estes son os funcionarios e funcionarias que fixeron posible este modelo: Concepción Couso, Marisa Fernández Camiña, Antonio López Valledor, Ana.Ferreiro Paredes e Ángeles Pernas. Todos eles pertencentes á Irmandade Xurídica Galega.Parabéns polo seu labor.

Como vintecinco anos dan para moito, a nota máis significativa é a naturalidade conque funcionarios e xustizables se relacionaron en lingua galega. O exemplo contario protagonízano a inmensa maioría dos avogados que aínda non son quen de recoñeceren o réxime da cooficialidade lingüística. En todos estes anos non se rexistrou ningunha nota negativa que puidese cuestionar esta experiencia que hoxe é un modelo para exportar ao resto da organización xudicial en Galicia. Que máis sosegada normalidade se pode pedir que non sexa extrapolable?.

O exemplo do Xulgado de A Fonsagrada ten forza de seu para multiplicar as experiencias pilotos no mapa xudicial de Galicia tal e como propoñía o ano pasado na asemblea da Irmandade Xurídica Galega o fiscal Carlos Varela García. Sobrarían xuíces e funcionarios dispostos a se embarcaren no deseño deste proxecto galeguizador. O único que falta é vontade institucional para poñelo en marcha.

Nas orixes deste proceso de galeguidade xudicial rexístranse os nomes dos xuíces e fiscais precursores da normalización lingüística na Administración de Xustiza: Daniel García Ramos, Orencio Pérez González, Luciano Varela Castro, Xosé Xoán Barreiro Prado, Fernando Leiceaga, Carlos Varela, Benito Montero Prego, e os maxistrados da Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Territorial da Coruña Ricardo Leirós Freire, Claudio Movilla Álvarez e Gonzalo de la Huerga Fiudalgo, que foron os que ditaron a primeira sentenza en lingua galega en 1985.

Na galeguización da Administración de Xustiza é decisiva a implicación dos avogados que actúan representando ás administracións públicas. Neste sentido a Irmandade Xurídica Galega fixo algunhas propostas para incorporar a este proceso regaleguizador a un maior número deles. A última é a que se lles propón ás centrais sindicais galegas para que as súas asesorías xurídicas se impliquen na utilización da lingua galega nos procedementos procesuais, ao tempo que introduzan nas demandas a invocación do art. 7.4 da Lei de Normalización Lingüística solicitando que os órganos xurisdicionais diten sentanzas en lingua galega.

(Xosé González Martínez é Presidente do Foro E. Peinador).
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania