Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha gran riqueza

jueves, 23 de abril de 2015
Cando se pasa por diante dunha administración de loterías, case sempre hai persoas comprando. Hoxe en día son moitos os lugares onde podes comprar lotería, moitos os lugares onde te podes encontrar con alguén que quere vender algo a cambio de ofrece-la posibilidade de facerse rico ó día segunte. Hai datas moi sinaladas como o Nadal e os Reis que xa teñen unha lotería especial. Deste tipo de loterías sei moi pouco porque a verdade é que eu penso que a mellor lotería é o traballo de cada día.
Non sei por que pero paréceme que os cartos que non se sudan, non se disfrutan a tope nin se administran como é debido, en moitas ocasións.
Pero polo que podo observar hai moitas persoas que non pensan así. Seguramente vostede sexa unha delas. Está ben. Din que na variedade está o gusto. O que si pasa é que a riqueza a todos nos gusta.

A riqueza gústanos a todos pero non a todos, nos gusta o mesmo tipo de riqueza:
-A riqueza económica é necesaria. Por eso tantas persoas en idade laboral saen a gaña-lo pan de cada día tódalas mañás. Outras polas tardes e outras pola noite.

Pero tamén hai outros tipos de riquezas que non son menos importantes nin menos necesarias que a económica:
-A riqueza cultural para alimenta-la mente porque o saber no ocupa lugar e ademais é unha boa ferramenta para defenderse na vida.
-A riqueza emocional para alimenta-la vida afectiva porque somos soiciais por natureza e necesitamos amar e ser amados para qiue a nosa vida emocional se manteña en equilibrio.
¿Qué sería de nós se non amáramos e se non nos amaran?
-A riqueza espiritual para mante-la alma en paz porque unha alma pura, limpa, en paz, non ten prezo. Non hai cartos no mundo que paguen o que vale unha alma en paz.
¡Como se disfruta na compañía dunha alma pura! ¡É una gozada!
¿Coñece vostede persoas desta talla?

Eu tiven esa oportunidade e dou fe que gozar da compañía desas persoas equivale a gozar dun bocadiño de ceo, aquí na terra. ¡Contaxian una paz plena!

É una sensación que moi poucas veces se experimenta, pero cando se alcanza, o gozo é pleno. Non se sente falta de nada.
Tódalas riquezas son moi importantes, pero se mo permite voulle dicir que para min unha das riquezas máis grandes é a PAZ INTERIOR.
Para min a PAZ INTERIOR é unha fonte moi grande de felicidade.
¡Que riqueza tan grande te-la alma tranquila!
¡Quen grande é remata-lo día en paz cos outros e tamén con un mesmo!
E para os crentes: estar en paz con Deus é o mellor que nos pode pasar.
En calquera dos casos, a paz interior é una gran riqueza para quen queira que sexa. ¿Non lle parece? Estou segura de que vostede goza de moita.
Unha gran riqueza
¿Qué se precisa para alcanza-la paz interior?
Supoño que moitas cousas, pero vivir alerta pode ser un bo remedio para que nunca nos falte. ¿Teremos que poñer unha alarma?
Non, Claro que non. Só faltaría.
Non cómpre complica-la vida máis do necesaro. Xa a propia vida ten complicacións suficientes.

Para o meu humilde entender, vivir alerta significa:
-Face-las cousas tan ben como sexamos capaces.
-Actuar coa mellor vontade posible.
-Facer canto máis ben se poida.
-Levar una vida ordenada.
-Intentar mellorar cada día, correxindo os erros que imos cometendo por fraxilidade humana.
-Pedir perdón cando ofendemos a alguén.
-Ser agradecidos.
-Ser prudentes, mantendo á raia a lingua.
Hai quen di que a prudencia é a nai da ciencia.
Outros din que en boca cerrada, non entran moscas.
Outros que é preferible o silencio a dicir algo que non sexa edificante para quen nos escoita.
Outros…
-Ser xustos cos outros o mesmo que nos gustaría que eles foran xustos con nós.
-Ser fortes ante o contratempos utilizando grandes doses de paciencia ante as adversidades.
En claquera caso, convén acepta-las limitacións humanas, porque no humano non hai nada perfecto.
Unha cousa é perseguí-la prerfección e outra ben diferente, conseguila.
Eu aínda non coñecín ninguén que a conseguira. O que si coñecín foron persoas que se consideran perfectas; pero eso é outro cantar que daría moito que falar.
Se observamos ó noso carón comprobamos que hai persoas con problemas máis graves que os nosos e saben asumilos con dignidade.
Non teñen solucións perfectas, pero algo parécense.

Actuar con moderación en todo. Os excesos no son bos. Nin moito aquí, nin moito alí. Din que no medio está a virtude.
Se non destacamos no malo, significa que somos do montón; e se podemos destacar en algo bo, mellor que mellor. Imos polo bo camiño. Pasiño a pasiño…
Deste xeito pode ocorrer que nunca cheguemos a posuír moitos bens materiais; é probable que tampouco adquiramos moitos coñecementos, pero se actuamos en conciencia e mantemos a paz interior...
Xa temos motivos para ser e estar felices,
Din alí que: “NON É MÁIS RICO O QUE MÁIS TEN, SENÓN O QUE MENOS NECESITA”.
Tamén hai quen di que: “O QUESE CONFORMA CO QUE TEN, ESTÁ SEMPRE BEN”
Cadaquén ten a súa medida. Afortunadamente somos todos diferentes. Entre todos, complementámonos. “COMPLEMENTARSE” é o que convén.

Graciñas por terme na súa consideración, nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES