Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sr. Rato: sé forte, aguanta!

miércoles, 22 de abril de 2015
Rodrigo Rato o ex-vicepresidente do goberno con Aznar e ex-director do Fondo Monetario Internacional foi detido unhas horas pola policía fiscal acusado de delitos de fraude,lavado de diñeiro e ocultamento de bens.

Que casualidade que os últimos presidentes deste FMI, eses que nos piden que os cidadáns apertemos o cinto, baixada de soldos e a escravitude , sexan inculpados por escándalos financeiros e outro por delito sexual: Hosrst Köhler, Rodrigo Rato, Dominique Strauss e a actual Christine Lagarde, unha tropa de carallo, xente que representa a unha mafia organizada dentro dos estados.

O Sr, Rato, autor da obra sustentada na economía do “LADRILLAZO” no goberno de Aznar, desa burbulla inmobiliaria e financeira desta Marca España, dos “pelotazos” das preferentes e da quebra de Bankia. Todo un récord de falsidade e algueirada é o que adorna a este personaxe.

Unha época de orxías económicas e persoais, na que os ricos nin sabían en que gastar os diñeiros, quizais a consumos ostentosos privados e morbosos.

Un Sr. que empregou o sector público para proveito do privado, manexou as institucións do Estado para esnaquizar os dereitos sociais e convertelos nunha oportunidade de negocio a grupos privilexiados de amiguetes. Por iso digo que estamos dirixidos desde estas institucións: FMI e Gobernos por xente perigosa, xeradoras de políticas desastrosas para os países nas que son impostas por estes directivos con intereses mafiosos.

Nada sabía o PP das caralladas de Rato. ¿Xa non é do PP?. Logo este Sr. debeu roubar todo onte ou antonte, de coña mariñeira. A democracia neste país está podre, grazas a estas persoas e grupos perfectamente organizados.

“Rato, aguanta, se fuerte. Ya sabemos que todo es falso, salvo algunas cosas......... Nada es fácil, pero hacemos lo que podemos. Animo”.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES