Un parlamento divertido
Editorial - miércoles, 26 de abril de 2006
Hai uns días, o Parlamento de Galicia viviu momentos de apuro. De apuro democrático.
Nas votacións, Psoe e Bng superan ó PP pola mínima, habitualmente. Pero non sempre, xa que para eso teñen que estar presentes tódolos deputados da Cámara.
Normalmente situacións así son problemáticas para a maioría gobernante, porque os deputados desta maioría adoitan estar máis ocupados que os da oposición.
Os deputados da maioría poden ser conselleiros, directores xerais, e ata Presidente ou Vicepresidente da Xunta de Galicia. E tamén confiarse e padecer absentismo ou deterse máis da conta na cafetería da planta baixa do Parlamento.
Hai poucos días houbo unha votación que puido acabar en traxedia política. Poñamos que a votación estaba prevista para a hora H, e non había problema porque tiña que intervir un deputado do Partido Popular, ó que se lle supuña expresividade ou amplitude.
Pero o deputado popular, fose porque veu a tódolos seus compañeiros disciplinadamente sentados, ou porque non lle apeteceu abundar no tema, pasou da intervención, co que se impuña a votación.
De facelo, houbese perdido a coalición de goberno.
A Presidenta suspendeu a sesión durante o tempo preciso para que os ausentes comparecesen, algúns de tan relevante actividade como os deputados Quintana e Touriño.
Estando xa todos xuntos, como corresponde, gañou o grupo con máis votos, que resultou ser a coalición gobernante.
Este Parlamento non permite baixas, nin retrasos, nin absentismo
Non permite unha soa diversión. Pero para todos nós vai ser (democraticamente) divertido.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora