Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Terremotos

martes, 25 de abril de 2006
Parece ser que a preocupación maior dos antigos galos era a de que o ceo puidera caer sobre as súas cabezas. A dos galegos de hoxe ben puidera ser que o chan que pisamos se afundise baixo os nosos pés, pola inestabilidade que ven demostrando.

De sempre, coidabase que Galicia ó ser terra vella, redondeada polo tempo e os elementos, non era xeoloxicamente inestable nin tiña, polo tanto, perigo de movementos sísmicos.

Ese triángulo imaxinario que ocupa zonas do sureste da provincia de Lugo veu cambiar conceptos cando un terremoto en 1997, que nos pareceu moi importante veu despertarnos do noso tranquilo sono.

Agora, de novo, tivemos un terremoto importante aínda que por situarse no mar o epicentro non se notou coma os anteriores.
E aínda que se houbese notado, o pasado domingo, habería quen pensase que era unha réplica do terremoto desatado no Partido Popular cuando os pregues Cacharro e Barreiro coincidiron na falla da Deputación Provincial e produciron un seismo de non pequenas repercusións.

E mesmo puidera terse confundido coa escaramuza entre o Bng e as autoridades da Junta de Extremadura por aquelo do idioma común que se quere potenciar e ó que a Junta nega que sexa propiamente galego cando procede de vellos galegos que foron repoboar aquelas terras na Reconquista, coa única salvedade de que mentras o galego de acó se desenvolveu relativamente libre, o galego de Asturias, o galego de León e o galego de Extremadura fixérono rodeados por outros idiomas que foron conformándoos de xeito que é un miragre lingüístico de resistencia a súa pura pervivencia.

Os terremotos físicos teñen causas que non vemos pero coñecemos; os terremotos políticos teñen causas que vemos pero nos resultan descoñecidas.

Os terremotos físicos son impredecibles e incontrolables. Os terremotos políticos... ¡a saber!.

Para os terremotos físicos, hai establecida unha rede de detección científica. Diante dos outros, estamos moito menos preparados e moito máis indefensos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES