Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sociedad filarmónica ferrolana

lunes, 20 de abril de 2015
Sociedad filarmónica ferrolana
Quizais sexa Ferrol a cidade galega con unha programación musical máis extensa, onde o afeccionado atopa un terreo mellor abonado para satisfacer as súas apetencias melómanas. Hai un responsable desta situación: a “Sociedad Filarmónica Ferrolana”, unha entidade que dende o ano 1949 ata os nosos días, non deixou de programar concertos colocando a esta cidade dentro do elenco das máis prolíferas nisto de promover as obra dos grandes autores escritas no papel de cinco liñas paralelas. Perante todo ese tempo, conseguiuse crear un ambiente o suficientemente favorable como para que o aforo do teatro “Jofre” estea sempre repleto dun público ávido de gozar cos grandes compositores e afamados intérpretes.

Dende o pasado mes de marzo ata finais deste mes de abril, non hai tregua no que a música se refire. Pasaron polo escenario do teatro orquestras como a “Sinfónica de Galicia”, a “Orquestra Xoven da Sinfónica de Galicia” e o pasado venres “A Real Fliharmonia de Galicia”. Para o próximo martes preséntase un atractivo concerto da man do pianista Jaeyeon Won que foi o gañador do concurso de piano “cidade de Ferrol” do pasado ano, e para o día 30 está programado no espléndido Auditorio da cidade outro concerto da “Orquestra Sinfónica de Galicia”. Quen da máis?

Creo que xa lles teño contado que a miña profesora de piano Acacia Valera era socia da “Filarmónica Ferrolana” e soia levarme ós concertos naquel vetusto teatro “Jofre” que, maila o seu deterioro, aínda gardaba esa envexable acústica que sempre o caracterizou. Hoxe, por sorte, contamos co teatro restaurado que conserva a acústica pero que, malia contar cun escenario de espazo xeneroso, non alcanza para acomodar a unha gran orquestra sinfónica, pois algúns compoñentes quedan fora do campo de visión dos espectadores. Pero segue a ser a ágora onde acostumamos ir os que desexamos ser testemuñas dos discursos realizados no único idioma universal no que todo o mundo se entende: a música.

A “Sociedad Filarmonica Ferrolana” está a facer unha inxente labor a prol da cultura musical e isto debe de ser recoñecido como un feito incuestionable por todos os que, dalgunha maneira, cremos que a cultura é un ben necesario que mide o estado de benestar dun pobo e que a música como materia debera de formar parte da ensinanza primaria ó mesmo nivel que outras disciplinas co gallo de estimular máis a sensibilidade do alumnado. Vexo con certo optimismo como nos concertos vai aparecendo un número cada vez máis grande de xente nova e iso é un bo síntoma.

A “Sociedad Filarmonica Ferrolana”, no seu xa longo percorrido, pasou por diferentes etapas que van dende tempos de bonanza con preto de mil socios a etapas de máis precariedade, pero sempre saíndo con solvencia das dificultades sabedores de que a música é un ben cultural digno de ser conservado ante o que nos se deben escatimar esforzos para que así sexa.

Puiden falar hoxe especificamente dos concertos, comentar o que me pareceron un a un, as sensacións vividas ó escoitar excelsas partituras interpretadas por músicos moi solventes, pero haberá tempo. Hoxe preferín dedicarlle esta mirada poliédrica a unha entidade que representa un exemplo de como se deben facer as cousas, que loita arreo por levar á xente a música dos grandes autores e tamén dos novos compositores das mans de moi cualificados intérpretes. E os amantes da música agradecemos este esforzo, este empeño porque o discurso emanado do pentagrama ocupe un lugar destacado dentro das actividades culturais que teñen lugar na cidade. Grazas por iso.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES