Os normais deste idílico país
Cardalda, Theo - jueves, 16 de abril de 2015
Desde o Preguntoiro: Os normais deste idílico país
Fai uns días o Sr Rajoy pediu o voto para a xente normal que ama a este país. Ou sexa, para Rajoy hai dous tipos de seres humanos: os normais e os outros. ¡Ala!, aí queda iso para gravalo en bronce. Os estudosos e eruditos, van ter que entrar nese pensamento filosófico rajoyiano para analizar unha nova filosofía.
Non encanto, para min non paga a pena resolver o intuír o que quere dicir semellante filósofo sobre o que dixo da xente normal, todo e froito do déficit ético e moral de parte da poboación deste país. A súas palabras, pensamentos aburren ata aos mortos, son simples e non aportan nada a ninguén. Se os que lles vota son os normais deste país. ¿ Que son os outros millóns de cidadáns que votan a toda a pluralidade de partidos?. Debemos ser anormais, raros ou extraterrestres.
Non é un problema de normais Sr. Mariano. É un problema dalgunha xente que lle segue (sen un mínimo de crítica) e que lles segue votando; total, coido que o que estanos a dicir o Sr Presidente é que para arranxar o que levan destruído durante estes case catro anos, hai que volver a votalos. Tamén quere dicir aos normais, que inspira unha confianza normal, seica , que entre as masas e camadas populares esta palabra é máxica, en tempos de crise-estafa encalma aos mesmos mercados, xa baixou o paro, baixan os intereses, caen as hipotecas, xa non nos bourean aos anormais a bergallazos se protestamos e o Estado do Benestar vai vento en popa.
Como Rajoy siga dicindo estas imbecilidades, vaise cargar a teoría da evolución de Darwin, no lugar de que o home descende do mono, vai ser que o nono descendo do homo sapiens, a este Sr. fáltalle pouco para subirse ao árbores cos seus conxéneres.
A este home coido que se lle foi un pouco a pinza; se D. Ramón del Valle-Inclán levantara a cabeza tiñamos esperpentos cada día. Reservémoslle praza no Panteón de Galegos Ilustres, e se temos que botar fóra a Castelao, que carallo, pois o facemos.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora