Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Renacendo

jueves, 16 de abril de 2015
¡Que sorte a nosa!
O inverno superamos e á primavera chegamos.
E aquí estamos para constatar que:
-A natureza sorrí por todas partes.
-Os paxariños alegran as nosas vidas.
-As árbores empezan a florear.Renacendo
-Os animais saen do seu letargo
-As pradeiras reverdecen e relaxan a nosa vista.
-As flores silvestres fan a súa aparición: prímulas, narcisos, margaridas...flores de tódolos tamaños e cores alegran os nosos campos
-Os xardíns domésticos empezan a mellora-la cor, agradecendo os nosos esmerados coidados.
-A natureza enteira eclosiona…coma cando os pitiños saen do ovo.
O milagro da vida preséntase ante os nosos ollos para o noso goce e disfrute.
Todo esto:
¿Qué nos di ós humanos?
¿A que nos convida?
¿Qué podemos facer?
Pois a verdade é quea min o clima tamén me condiciona a vida en boa maneira e penso que a vostede tamén.
¿Ou non?
Polo que eu podo ver a simple vista, observo que:
-Gardamos a roupa de inverno, naqueles lugares onde o clima o aconsella.
-Saímos a pasear para disfrutar do bo tempo.
-Vestímonos, con roupa máis lexeira e de cores máis vistosos.
-Os agricultores empezan a plantar patacas, cebolas, leitugas…A horta recobra vida. Os campos énchense de xente.
-O monte recupérase do frío inverno. A neve aliméntao desde dentro. A terra recobra vida.
O exterior, cambia; pero a nivel interno …
¿Cómo reaccionamos os humanos ante a chegada da primavera?
¿Cómo reaccionamos internamente?
¿Cómo inflúe no noso espírito a chegada do bo tempo?
Din alí que “A primavera, o sangue altera”.
Paréceme que é ben certo:
-Os bebés collen mellor cor porque aproveitan máis para andar por fóra, e, loxicamente, as mamás, os papás ou os avós presumen con eles que dá gusto velos.
(Téñoo comprobado cando aproveito para facerlles alguna caratoña) ¡É una gozada!
-As hormonas dos adolescentes póñense en revolución,
Eso salta á vista, sobre todo cando pasamos á altura dos institutos.
-Os xoves xa empezan a facer plans para o verán, porque o verán dá para moito nesta etapa da vida: encontrar noivo/a, ir de parranda, en fin…
-Os ósos dos adultos desentumécense e estírase a alma.
Eso para os que os teñen entumecidos, porque hai adultos que se consevan moi ben.
Quizais sexa vostede una desas persoas que consevan o elixir da xuvetude en moi boas condicións. ¡Noraboa!
E os avós; os avós, esperámo-lo sol como auga de maio. Para os avós, o sol é medio alimento e para os pobres, tamén.
Fai uns día escoitaba como una persoa dicía nun día moi soleado:
”O sol é capa de ricos e pobres”.
Coa chegada da primavera o noso interior tamén cambia:
-Celebramos de diferentes maneiras a Semana Santa.
Hai lugares que ensaian todo o ano para celebra-las Procesións con moita espiritualidade.
Noutros lugares xa preparan a chegada do turismo de praia ou de montaña, agardando que os ingresos da próxima tempada sexan aínda mellores que os da anterior.
-Celebramos a saída do inverno, deixando atrás os fríos, as neves, as xiadas, as gripes e as reumas, que tanta guerra nos deron.
-Disfrutamos do bo clima, aproveitando para toma-lo sol á raiola sós ou en boa compañía.
¿É vostede una de tantas persoas como sae a pasear soa, co seu can o una compañía dalguén que aprecia? ¿A que lle senta moi ben ese paseíño?
-Observamos con alegría como renace a natureza.
-Disfrutamos coa saída do sol polo raiante.
-Gozamos dirixindo a mirada cara ó horizonte divisando tanta fermosura.
-Observamos con pracer cando o sol se esconde polo occidente…
¿E cando se deita no mar?
¡Que preciosidade!
¡Que contenta se pon a auga salgada cando o sol se deita nela antes de ir a dormir! ¡Que gozada para a nosa vista!

-Volvémonos máis observadores. ¡Hai tanto que ver..! Parámonos a mirar una flor, un bicho, calquera ser vivo de tantos como rebolen na terra, no mar ou no aire.

-Renacemos nós tamén soñando cunha primavera florida e fermosa e xa albiscamos as festas do verán, as praias, os amigos, as romarías, as comidas campestres, os bocadillos de tortilla…

-Alegrámo-la vida facendo plans para saír da casa porque os días son largos e o tempo convida e son moitas as cousas que nos esperan aí fóra...Renacendo
-Aproveitamos para visitar lugares, amigos, parentes… persoas moi importantes na nosa vida.

-Estírasenos a alma e estamos máis alegres disfrutando da alegría de vivir sendo canto máis felices mellor.

-Sacamos a lucir a nosa sociabilidade, a nosa amabilidade e comunicámonos máis porque ata o bo humor nos mellora.

- Alegrámonos de ver a persoas que fai tempo non víamos.

-Intentamos perder algúns quilos para ir máis lixeiros no verán.

-Disfrutamos máis da paisaxe, da luz, do sol, de canto se nos presenta ante a nosa vista.

Realmente este tempo convídanos a renacer, a ter un espìrito transformador, un espírito renovado con ganas de disfrutar da vida e da alegría de vivir.
Un espírito rexuvenecedor…
Porque a fin de contas, a vida dásenos para que a disfrutemos intensamente no momento que nos toca vivir.
Disfrutar do momento presente co que somos e co que temos sen perder nunca a paz interior “Una gran riqueza: A paz interior” seá o título do seguinte artigo.
Moitas grazas pola súa sensibilidade á hora de disfrutar desta primavera de 2015.
E tamén, moitas grazas por terme na súa consideración, nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES