Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As Confrarías relixiosas na parroquia de San Martiño de Pacios, Begonte (Lugo)

lunes, 24 de abril de 2006
As confrarías son agrupacións formadas por laicos que teñen como finalidade fomentar o culto de determinadas imaxes. "La cofradía es la mediación fundamental para la celebración de fiestas y para la veneración de Cristo, vírgenes, santos...".(1)
Teñen un obxectivo relixioso-católico e dependen da autoridade eclesiástica. "...son asociaciones cuyos fines son formalmente religiosos, estando sujetos, por ello, a la jurisdicción eclesiástica y a la autoridad de la jerarquía católica" (2).
Na confraría lévanse a cabo relacións de convivencia, sociabilidade, intercambio e reciprocidade. "La cofradía es el núcleo focalizador de toda una vida y un dinamismo comunitario" (3). A confraría pode chegar a representar o nivel de identificación e integración de toda a comunidade. Nese caso a festa principal simbolizará o conxunto da comunidade mesma fronte ó mundo exterior. "Cada fiesta es la expresión de identidad de la comunidad y también de su unidad" (4).
As confrarías en Galicia xa tiñan vixencia nos séculos XII e XIII. Así o código dado por D.Alfonso X a terra de Santiago no ano 1.252, dise entre outras cuestións o seguinte:
"Otrossi mando que non fagan confrarías, nin iures males, nin ningures malos ayuntamientos, que sean a danno de la terra e a mengua do mio sennorio, sino para dar a comer a pobres, o para luminaria, o para soterrar muertos" (5). Deste xeito as confrarías tiñan inicialmente como fíns básicos: adicarse ós necesitados, enterrar ós mortos e iluminar o recinto eclesial cando haxa cultos levados a cabo pola confraría.
En Galicia as confrarías son abertas e verticais; son abertas xa que a persoa que o desexe pode pertencer a elas sempre que execute os estatutos da confraría; son verticais xa que en cada unha delas intégranse persoas pertencentes a distintas capas sociais (6).
Normalmente unha persoa pertence a unha confraría ben pola tradición familiar, pola amistade con algún membro delas, pola residencia. (7)
Na feligresía de Pacios houbo desde tempos antigos as seguintes confrarías:

I.- A CONFRARÍA DE SAN ROQUE E SAN ANTONIO ABAD E DE PADUA
II.- A CONFRARÍA DA VIRXE DO CARME
III.- A CONFRARÍA DO SANTÍSIMO.

I.- ANÁLISE DA CONFRARÍA DE SAN ROQUE E SAN ANTONIO ABAD E DE PADUA
As constitucións desta confraría fixéronse no ano 1766, sendo crego D.Xoán Lorenzo Montenegro Rivadeneyra, e depositario Xoán Sancho Villegas, veciño da feligresía de Pacios.
"Libro Dla Cofradía De Sn. Roque; Sn. Antonio de Padua; y Sn.Antonio Abbad; pr. devoción del Cura, y feligreses; siendolo actual D.Juan Lorenzo Montenegro, Rivadeneira:cura propio deesta frª de Sn. Martín de Pazios, y Santiago de Va/amd. siendo Depositario, y expezial deboto Juan Sanchez, alias Villegas, vezº de esta nominada frª de Pazios; echo este Libro, y Constituciones, en el presente año de mill, setezientos, sesenta y seis" (8).
Esta confraría sostíñase coas aportacións dos seus confrades, consistentes no pago dun real pola entrada na confraría, e logo catro cuartos ó ano.
O fronte da asociación estaba un maiordomo que tiña como función regular tódolos actos relixiosos e profanos da confraría:
1º.- O crego da feligresía de Pacios coa axuda doutro crego concelebraba dúas misas polos confrades vivos e defuntos que tiñan lugar o 17 de xaneiro, festividade de S.Antonio Abad, e o 14 de xuño, festividade de S.Antonio de Padua.
2º.- O 16 de agosto, festividade de S.Roque, o párroco concelebraba unha misa coa cooperación de catro cregos, que previamente axudaran a confesar.
Cada un deste cregos recibía pola súa tarefa catro reais, mentres que o párroco recibía vintedous reais por tódalas funcións que levaba a cabo durante o ano.
3º.- Na festividade de S.Roque dáballe cera a tódalas persoas, tanto para a misa como para a procesión.
4º.-Cando morría algún confrade, a súa familia recibía vintecatro cirios para honras fúnebres.
5º.- O músico que viña o día da función xeral pagáballe catro reais.
Ó rematar o seu mandato o maiordomo e o depositario, nun prazo de quince días, tiñan que dar conta da administración levada o fronte da confraría ó párroco e algúns confrades, elixidos polos demais membros.
A confraría sostíñase economicamente non solo das caridades que aportaban os confrades senón tamén da esmola que se xuntaba nos días de festividade.
Co paso do tempo a confraría, a través do seu maiordomo, disminuiu o número de cregos na festividade de S.Roque, máis aumentou a remuneración económica que se lles daba pola súa tarefa, debido a un aumento do nivel de vida. Asimesmo nalgún ano aumentou o número de cregos nas festividades de S.Antonio Abad e S.Antonio de Padua.
En canto ós actos de tipo profano o maiordomo pagou nalgúns anos non solo o músico, senon tamén a pólvora que se iba a empregar na festividade.
"....CARGO.-
Al Mayordomo Quartª y tres rrs. que importaron los caudales de este ano.....
Mas Doce rr. Que se Juntaron; De Limonsa dia de Sn. Antº Abbad.
Mas Diez y nuebe rrs. Que se Juntaron el dia de Sn.Roque.
Ynporta el Cargo setenta y qtº rrs.
DATA.-
Dio en data veinte y dos rrs. Quellebaron tres sacerdotes, y el Cura Parroco. Enlafuncion de Sn.Roque.
Mas diez y siete rrs. Que llevaron dos sacerdotes en la función de Sn. Antº Abad y el cura...
Mas el dia de Sn. Antº de Padua de otros dos sacerdotes y el cura diez y siete rrs.
Mas seis rrs. de una docena de Fuegos.
Mas cinco rrs. del Musico.
Inmporta, La Data sesenta y siete rrs. que rebajados del, Cargo queDan afabor de la Cofradia siete rrs" (9).
Finalmente a paulatina desaparición da confraría empeza o 20 de novembro de 1810. Nese día o crego desta feligresía manifesta haber recibido o libro da confraría, adicado a estas tres festividades, así como a información de veciños de dita parroquia según a cal decaera a caridade dos devotos facía algúns anos, especialmente desde a invasión dos franceses no ano 1809- que queimaron todo o correspondente a dita confraría.
Por tal motivo agora solo se xunta unha pequena esmola, que non chega para celebrar as tres misas das advocacións.
".....que hauia varios anos de Cahiera la caridad delos debotos, y en particular desde que huuiera la ynvasion de los Franceses el año de 1809. que quemaron todo lo correspondte. adha cofradía, y pr. dho motivo, aora solo se junta una corta limosna que no llega para descargar las tres Misas delas havocaciones..." (10).

II.- ANÁLISE SOBRE A CONFRARÍA DA VIRXE DO CARME
Desde a chegada a Europa dos carmelitas- 1 m.do século XIII-, ós segrares fundadores e bienhechores dos conventos de aqueles monxes concedeuselles a participación nos froitos das oracións e boas obras da orde, e ademais déuselles o título de confrades.
No século XVI constituíuse probablemente a confraría do Escapulario. O escapulario, distintivo dos carmelitas, arrastrou as simpatías de moitos devotos hasta formarse a confraría do seu nome. O escapulario ofreceuse como un medio de saír do purgatorio. "La indulgencia sabatina confirmada por el papa Pablo V (1602-1621) establecía -según W. CRISTHIAN- que aquellos que llevaran el escapulario de la Virgen del Carme y cumplieran las condiciones que imponía su uso, serían automaticamente liberados del purgatorio el sábado posterior a su muerte" (11). Posiblemente a devoción as animas do purgatorio facilitou a vía de entrada da devoción da Nosa Sra.do Carme, cando ésta foi propagada polas ordes carmelitas.
Nesta freguesía temos información desta confraría a partir do ano 1860, perdéndose por causas que descoñecemos toda a información anterior.
Os confrades no século XIX e gran parte do XX pagaban unha renda en especie-consistente nunha medida de centeo- para soster os gastos que tiña a confraría. En total recollíanse de vinte a vintecinco ferrados deste cereal que se vendía, e co seu importe o maiordomo da confraría planificaba unha serie de actos relixiosos:
1º. Concelebración dunha misa cantada o día da festividade da Virxe do Carme, na que interviñan normalmente cinco cregos. Nalgún ano chegaron a intervir dez. Estes cregos recibían unha aportación en metálico pola súa tarefa."...Yd. son data ciento cuatro reales que llevaron diez sacerdotes q. asistieron a la función de la Virgen y a otra que hubo para confesar a los cofrades..." (12).
"Cuenta dela Cofradía de Nrª Señora del Carme, del año de 1865, siendo Mayordomo Patricio Gomez.
Cargo: En primer lugar son cargo ciento sesenta y tres reales y diez siete mrs. alcance de la cuenta anterior.
Igualmente es cargo ciento cuarenta y nuebe reales que produjeron veinte y tres ferrados de centeno que se cobraron de los Cofrades.....
Data: Es data en primer lugar cincuenta y dos reales que llevaron cinco señores sacerdotes, que asistieron a un auto, con una función, para confesar los cofrades....
Yd. cuarenta y un reales y veinte y cuatro mrs. que costaron doce docenas de coetes para la función de la Virgen.
Yd. Diez y seis rs. que llebaron los músicos.
Yd. más diez reales para el Maiordomo por su trabajo de Administración......" (13).
2º. Nalgúns anos celebrouse un Novenario adicado a Virxe, así como un oficio relixioso o día anterior a festividade que tiña como finalidade primordial confesar ós confrades. "...Yd. lo es de sesenta y tres reales de la Novena y Misas de la misma" (14).
3º. Os confrades tiñan dereito a unha cantidade de cera para o seu enterro.
"Año de 1916. Cuenta presentada por el mayordomo
de la cofradía del Carme D. Angel Blanco, vecino de Pacios.
Cargo: Son cargo, ciento cuarenta y ocho pesetas de centeno cobrado de los cofrades.....
Data: Son data ochenta y nueve pesetas de dos funciones religiosas y fiesta profana.
Son data catorce pesetas de cera.
Son data veinte y una pesetas de administración" (15).
Algúns anos a confraría tamén pagaba a pólvora e a música. "...Yd. cuarenta y un reales y veinte y cuatro mrs. que costaron doce docenas de coetes para la funcion de la Virgen.
Yd. Diez y seis rs. que llebaron los músicos..." (16).
O maiordomo recibía unha aportación en metálico pola súa tarefa o fronte da confraría.
"..Yd. lo es de sesenta reales del Mayordomo..." (17).
Cada ano tiña que dar conta da administración da confraría diante do párroco e algúns cofrades. "...Cuyo alcance queda en poder del mismo mayordomo Francisco Ocampo y se dan por terminadas estas cuentas que firma el mismo con el Señor cura y testigos que subscriben, estando en Pacios a 22 de Diciembre de 1892...." (18).
Houbo maiordomos que seguiron administrando a confraría durante varios anos, son os casos de Patricio Gómez, José Ocampo, Angel Blanco, etc... A partir dos anos 1930-35, a función do maiordomo foi decaendo paulatinamente, ocupando as súas funcións o párroco. Tamén a partir destes anos a renda en especie que aportaban os confrades, foise sustituindo por diñeiro. "...Son cargo ciento veinticinco pesetas cobradas de los cofrades..." (19).
A partir do ano 1968 a confraría deixou de funcionar dun xeito oficial pola falla de interese dos propios confrades (20).

III.- ANÁLISE SOBRE A CONFRARÍA DO SANTÍSIMO SACRAMENTO
A confraría mais tradicional das parroquias rurais galegas foi e sigue sendo a do Santísimo Sacramento. O arzobispo de Santiago D.Gaspar de Zúñiga instituiuna en tódalas igrexas parroquiais da diócese no ano 1559. Neste ano publicou unha pastoral na que entre outras cousas dicía: "Considerando ser necesario conforme a los Sagrados Concilios, razón e buena costumbre que el Sanctisimo Sacramento esté perpetuamente en el reliquario, e cuanto daño e peligro de las ánimas se sigue de lo contrario, no sin grave tristeza hemos sido informados que en muchas yglesias de nuestro Arçobispado no ay Sacramento, e donde lo ay no está con la limpieza, la decencia e la honorificación que a tan alto Señor se debe. Por tanto, queriendo proveer de rremedio, nos a parecido ser cosa conveniente ordenar una Cofradía del Santísimo en todo nuestro Arçobispado, como la instituyó nuestro muy sancto padre Paulo tercio en Roma e exorta encarecidamente se instituya en toda la Christiandad, e concede innumerables indulgencias e perdones, a todos los confrades de la dicha Cofradía, como parece por su Bula; la qual mandamos imprimir juntamente con las reglas que han de guardar los dichos cofrades; e exortamos e mandamos a todos los Rectores, curas e sus tenientes hagan leer muchas veces esta bula en sus feligresías, no dexen de ayudar a tan sancta obra e ganar tantas indulgencias e perdones..." (21).
Esta disposición foi válida logo para as outras dióceses do antigo Reino de Galicia.
A confraría do Santísimo na feligresía de Pacios é a máis antiga das que hai na susodita parroquia. Descoñécese a data da súa fundación. No único libro que existe, do ano 1710, fálase de que o 22 de Abril de 1711 D.Diego Benito Sánchez, crego de Pacios e Baamonde, puxo ó día as constitucións existentes no libro vello, hoxe desaparecido.
O fronte da confraría había un maiordomo que tiña unha serie de obrigacións, a saber:
1ª. Anotaba ós confrades no libro da confraría, e recibía deles o pago anual de catro cuartos. Este pago variou moi pouco no transcurso dos anos. "...Mas selehace Cargo de noventa e un reales que tubo de caridades..." (22). "...Hacesele cargo de novtª e siete rrs. que importan las Caridades de los cofrades de este ano..." (23). "...Primeramente sele hace Cargo de Ciento sesenta e seis rs. que ymportaron las Caridades del Presente año de los hermanos cofrades.." (24). "...Son cargo cincuenta e seis pesetas cobradas de los cofrades..." (25).
2ª. Pagaba as misas que celebraba a confraría no transcurso do ano. Agora ben ¿que misas celebraba a confraría?
2.1.- O crego da parroquia celebraba unha misa cada mes, e outra o día do Corpus polos confrades vivos e mortos. Por estas misas o maiordomo pagáballe inicialmente vinteseis reais.
2.2.- Na festividade do Corpus, o párroco xunto con outros cinco cregos, chamados polo maiordomo, máis a través da súa mediación, concelebraban cinco misas rezadas e unha cantada polos confrades vivos e mortos. Logo saía a procesión co Sacramento arredor da igrexa. Por estes oficios o maiordomo pagáballe inicialmente a cada crego catro reais, e tres, si era confrade.
"...Descargase esse mayordomo con Veinte e seis rs. de trece missas que dise el cura por entre año cada mes una porlos cofrades uiuos e difuntos. Mas se descarga con veinte e dos reales de seis sacerdotes que asistieron el día dela cofradía qe dos dellos no lleuaron mas que a tres rs. por ser cofrades. Los demas a quatro..." (26). "...Mas Veinte e quatro reales de Seis Señores Sacerdotes que dijeron Misa por la Cofradía e asistieron ala Función el dia dCorpus Procesion e Misa Cantada..." (27).
A finais do século XVIII o maiordomo pagáballe o crego da parroquia corenta reais polas misas e pola asistencia a confraría; os cregos que interviñan na festividade do Corpus xa recibían cinco reais. "...Dio en data veinte e cinco rrs. de cinco sacerdotes, que asistieron a la función General. Mas quartª rrs. que lleva el Cura pr. trece misas incluia la dcha función general, e asistencia que a esta cofradia hace..." (28).
3ª. O maiordomo aportaba a cera necesaria para ás distintas funcións de culto: misas anuais; festividade do Corpus; oficios do Xoves Santo; administración dos Santos Sacramentos ós enfermos. Tamén cando morría algún confrade dáballe inicialmente á familia vintecatro hachas de cera para as vixilias de enterro e honras fúnebres. Co paso do tempo esta cantidade redúxose a metade.
"....Da en descargo este Maiordomo nuebe libras de zera qse gastaron enlas misas, e monumento de Juebes Santo..." (29).
"...Dio en data once libras que se consumieron en la funcion general del Stmo, Stº Sepulcro e misas anuales.." (30).
O maiordomo no prazo de dous meses a contar desde a festividade do Corpus tiña que presentar as contas da confraría o párroco. "...En la fra. de S.Martín de Pacios a veinte e seis dias del mes Julio de mil siete cientº novtª e dos Yo Dn. Ignacio Valcarce cura de esta fra, e dela de Sntiago de Baamd. he firmado las quentas dela cofradía del Stmo. Sacramentº incluia en esta parroquia de Pacios a Domº de Prado Mayordomo de ella e Antº Vazqz. depositario de sus caudales.." (31).
A finais do século XIX e en todo o XX a confraría, a través do seu maiordomo, adicábase dun xeito preferencial a festividade do Corpus; ós oficios de Xoves e Venres Santo. Tamén proporcionaba a cera necesaria non so para ós cultos citados, senón tamén para as honras fúnebres dos confrades finados.
"...Yd. lo es de doscientas treinta e ocho reales importe invertido en cera para dicha confradaria e gastos de la función del Corpus..." (32). "...Son data ciento diez e siete reales,importe de trece libras de cera, a nueve reales cada libra. Son también data cincuenta e seis reales, importe de la función del Corpus Cristi. Igualmente son data treinta reales, gasto ocasionado con motivo de los oficios de jueves e viernes santo..." (33). "...Son data quince pesetas de cera. Son data treinta e cinco pesetas de la función de Corpus..." (34).
No ano 1968 o párroco D.Xoán Francisco Ocampo Hernández, ante a crise das dúas confrarías,a do Carme e a do Santísimo,manda os feligreses da parroquia a seguinte carta:
"Apreciable familia:
Cumpliendo lo prometido hace unos días, deseamos por medio de estas letras, hablarle del estado actual de estas cofradías que tenemos en la parroquia e al mismo tiempo invitarle a que exponga su opinión sobre las preguntas que se hacen al final, de esa manera demostrará el interés por esas cofradías que desde hace 300 años existen en la parroquia.
En el acta de la Visita Pastoral, el Sr. Obispo dejó escrito:"He observado que las antiguas cofradías de Pacios, llevan una vida irregular, pues no aparecen las listas de los cofrades, ni se realiza el cobro de las pequeñas cuotas para cumplir las cargas de dichas cofradías".
Se encarga al Sr. cura que ponga en orde dichas cofradías o que, si fuera este el deseo de la parroquia se pida al Obispado su anulación.
En espera de su respuesta, le saluda.
Juan Francisco Ocampo Hernández.
Cura Párroco
Diciembre 1968.

PREGUNTAS:
1ª.- ¿Cuántos de su familia pertenecen a esta cofradía?
2ª.- ¿Le interesa pertenecer a ella?
3ª.- ¿Deben suprimirse o no?
Envíase un exemplar ás 129 casas da parroquia. Unicamente contestaron doce familias, dicindo dun xeito xeral, "que por eles as confrarías podían suprimirse".
Por tanto a partir deste momento as confrarías, ó menos dunha maneira oficial, deixaron de funcionar, xa que desde o ano 1968 non se pon ningunha nota nos libros destas dúas asociacións.

BIBLIOGRAFÍA
1. Maldonado, Luís.- Para comprender El Catolicismo Popular. "Cofradías y Hermandades". Ed.Verbo Divino. Estella (Navarra), 1990, pg.87.
2. Escalera Reyes, Javier.- La Religiosidad Popular. III. Hermandades, Romerías y Santuarios. "Hermandades, religión popular y poder en Andalucía". C. Álvarez Sántalo. María Xesús Buxo y S. Rodríguez Becerra (Coords). Anthropos. Barcelona, 1989, pg.460.
3. Maldonado, Luís.- Ob.cit. pg.87.
4. Pitt Rivers, Julián.- L'identité locale vue à travers la fiesta. Coloquio Hispano-Francés. Culturas Populares. Diferencia, Divergencias, Conflictos. Universidad Complutense. Madrid. 1986, pg.13.
5. López Ferreiro, Antonio.- Los Fueros Municipales de Santiago y su tierra. T.I. Santiago. 1985, pg.359.
6. En Andalucía hainas tamén pechadas e horizontais.
7. Unha persoa pode ser membro ó mesmo tempo de varias confrarías, algunha das cales pode non pertencer ó seu lugar de residencia.
8. Libro de la Cofradía de S. Roque, S. Antonio de Padua, S. Antonio Abad. 1766. Freguesía de Pacios.
9. Ibidem. Año 1795. Freguesía de Pacios.
10. Ibidem. Año 1810.
11. William Cristhian, A.Jr.- Religiosidad Popular. Estudio antropológico en un valle español. Ed. Tecnos. Madrid. 1978, pg. 121.
12. Libro de la Cofradía de Ntra. Sra. del Carmen de 1860-1968. Año 1872. Freguesía de Pacios.
13. Ibidem. Año 1865. Freguesía de Pacios.
14. Ibidem. Año 1892. Freguesia de Pacios.
15. Ibidem. Año 1919. Freguesía de Pacios.
16. Ibidem. Año 1865. Freguesía de Pacios.
17. Ibidem. Año 1894. Freguesía de Pacios.
18. Ibidem. Año 1892. Freguesía de Pacios.
19. Ibidem. Año 1934. Freguesía de Pacios.
20. Ver Confraría do Santísimo.
21. Fraguas, A.- Palabra "Corpus". G.E.G. T.7, pg.160.
22. Libro de la Cofradía del Santísimo del año 1710-1968. Año 1727. Freguesía de Pacios.
23. Ibidem. Año 1791. Freguesía de Pacios.
24. Ibidem. Año 1834. Freguesía de Pacios.
25. Ibidem. Año 1944. Freguesía de Pacios.
26. Ibidem. Año 1732. Freguesía de Pacios.
27. Ibidem. Año 1740. Freguesía de Pacios.
28. Ibidem. Año 1792. Freguesía de Pacios.
29. Ibidem. Año 1758. Freguesía de Pacios.
30. Ibidem. Año 1791. Freguesía de Pacios.
31. Ibidem. Año 1792. Freguesía de Pacios.
32. Ibidem. Año 1899. Freguesía de Pacios.
33. Ibidem. Año 1900. Freguesía de Pacios.
34. Ibidem. Año 1945. Freguesía de Pacios.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania