Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Turismo cultural a Vilalba

martes, 14 de abril de 2015
Un dos tópicos que os lucenses manexamos sempre foi o de ter unha sana envidia, doutras cidades, polas oportunidades culturais que nelas existen. E poñíase sempre como exemplo A Coruña ou Madrid como capitais onde se podían contemplar todo tipo de espectáculos. Se un devoto do teatro quería estar ao día do que se representaba no país, facía falla alomenos unha fin de semana en Madrid para ver as dúas representacións máis atractivas. E, por exemplo, un bo aficionado á ópera ou á música clásica, tiña que acudir a A Coruña, especialmente no tempo da Semana de Ópera, imposible de ver noutro lugar.

Vai resultar que os lucenses, de cando en cando, temos que envidiar espectáculos que se ofrecen noutros lugares, e neste caso estoume referindo a Vilalba onde a comezos de marzo se representou Nabucco, a ópera de Verdi que é moito máis ca unha ópera, e o seu “Coro de esclavos”, o inmorrente “Va pensiero”, é un canto á liberdade e, no seu momento, á unidade daquela nacente Italia.

Sobre esta representación de ópera en Vilalba, cando vin a reseña na prensa escrita, observo na fotografía un grupo de persoas coñecidas, devotas da música, residentes en Viveiro. Comento con elas o tema e indìcanme que, coñecendo a programación cultural do Concello de Vilalba, reciben periódicamente información sobre os espectáculos que se programan e son asistentes asiduos ás representación.

É moi satisfactorio que non haxa que desplazarse a A Coruña ou a Madrid para asistir a acontecementos culturais, e para un vilalbés é un lexítimo sentimento de orgullo saber que tamén polo feito cultural cómpre acudir a Vilalba, e que os acontecementos culturais atraen á nosa vila o que poderiamos considerar turismo cultural. Noraboa por disfrutar das actividades, e a dar envidia, xa dixen que sana, aos que se fixen en Vilalba como punto de referencia ou de destino para acudir a calquera celebración.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES