Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia, ¿Nación?. (Con sentidiño)

lunes, 24 de abril de 2006
Aínda soan nos nosos oídos os berros de “Galicia nación, frente á Constitución”, como un entre os milleiros que se fixeron oir no noso país cando a redacción da constitución de 1978.

Pasa un cuarto de século, e de novo a palabra “Nación” volve a xurdir, como un elemento de distinción entre iguais, como bandeira para nacionalistas ou como punto de partida hacia outros estadios de convivencia.

Os vascos resultaron demasiado radicais, e o seu proxecto de estatuto non chegou a consolidarse. Os cataláns, concienzudos, teimudos, conseguiron o seu Estatuto onde a palabra “nación” só aparece no preámbulo, pero aparece.
Agora, Andalucía vai ser considerada “realidade nacional”. E xa hai quen considera que Galicia é máis ca unha realidade nacional.

Tardou un cuarto de século en presentarse como problema, pero agora parece como se –a falla de outros problemas vitais- comezásemos a rachar dogmas, establecer novas realidades, tender pontes hacia o futuro.

Ninguén parece crer que España poida ser unha nación de nacións. Nin siquiera estimar que se hai un conxunto de nacións, ese conxunto pode permanecer necesariamente unido co nome que resulte oportuno.

Labordeta laiábase hai anos, nunha canción, de que a Aragón “que si antaño fuimos reino/ no nos dejan ser nación”.

O caso é que se fose cuestión puramente semántica, a solución podería ser “nación para todos”, como foi “café para todos” aquela solución autonómica de hai un cuarto de séculos.

Estas solucións salomónicas, moitas veces non son as peores.

Porque o que sí está claro é que se o Estatuto de Catalunya establece competencias e dereitos, ningunha das outras autonomías vai conformarse con menos. E os novos estatutos deberán ser os mesmos na práctica, substituíndo o nome polo que corresponda, e con pequenos matices derivados das peculiaridades de cada quen.

Seremos nación, se Catalunya o é. E veremos que chegamos a ser colectivamente Federación, Confederación, ou os Estados Unidos de Iberia. A fin de contas imos chegar a ser o que queiramos, sempre que non nos abandoe o sentido común, que en versión galega é o “sentidiño”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES