Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Afán de superación

jueves, 09 de abril de 2015
Teño que confesar que admiro ás persoas con afán de superación.
Independentemente da capacidade intelectual de cadaquén, o afán de superación é determinante á hora de acadar aquelo que nos propoñemos.

Din alí que”a fe move montañas” e eu penso que o afán de superación tamén ten moito que ver.

Sendo nena, coñecín a unha santa anciá, de condicIón moi humilde; que me dicía moitas veces que un pobre podía chegar a rico e un rico podía volverse pobre.

Na miña mente infantil de nena pobre, eso parecíame algo inadmisible, pero andando o tempo comprendín que a anciá tiña a súa razón.

Cando falo de riqueza, non me refiro só á económica, refírome ó desenrolo integral da persoa.

Efectivamente:
Vostede terá observado igual que eu, en infinidade de persoas que tendo una orixe moi humilde, foron capaces de superarse e algunhas incluso conseguiron ocupar postos de responsabilidade a altos niveis.
Temos o exemplo nalgúns científicos, escritores, artistas, mestres, médicos, sacerdotes, etc, etc.

Pero tamén temos exemplos ó noso carón, nas persoas que medraron con nós no día a día.

¿Por qué evolucionou tanto a nosa sociedade nos útimos tempos?
Porque os que agora peiteamos canas fomos persoas moi loitadoras no sentido positivo da palabra e con moito afán de superación e moita forza de vontade, e por eso, demos un xiro moi importante ó progreso do país.

Afortunadamente, hoxe en día tamén hai persoas que se afanan intensamente por conseguir superarse:
-Estudiantes que aproveitan o tempo ó máximo.
-Empresarios grandes emprendedores.
-Obreiros honrados que se esmeran todo canto poden por facer ben o seu labor.
-Amas da casa que se administran correctamente e dan una boa educación ós fillos.
-Personal sanitario que cura tanto co cariño como coa medicina.
-Profesores que teñen dedicación exclusiva para o alumnado que teñen encomendado, creando así as bases para que a infancia poida acadar niveis de adultos cultos.
-Veciños amables e serviciais.
-Descoñecidos que teñen conducta moitas veces exemplares como se te coñeceran de toda a vida
-Policías que perden a vida para que outros a salven.
-Sacerdotes que se entegan ó servizo dos fregueses e a obras de caridade.
-Infinidade de persoas que fan o ben sen mirar a quen…
Etc, etc.

Seguro que vostede é una delas e tamén coñece a outras moitas deste xeito.
Neso consiste a evolución.

Grazas á persoas que teñen un gran afán de superación e que dedican moito tempo ó estudio e á investigación; conséguense novos descubrimentos en tódolos campos da ciencia.

Con todos eses descubrimentos, temos máis adiantos nas escolas, nos hospitais, na industria, nos fogares, e podemos levar una vida máis cómoda e feliz.

Vostede, igual que eu, disfrutamos de infinidade de comodidades que nos permiten levar mellor calidade de vida da que levaron o nosos antepasados.

Pensemos sencillamente nos electrodomésticos, nos robots de cociña, na informática, na telefonía móvil, nos medios de transporte ou simplemente nas ventaxas que nos ofrece unha simple fregona.

Ás mulleres que nos tocou de fregar de xeonllos, sabemos valorar moi ben una simple fregona que, por certo, non sei quen me dixo que a inventara un home.

Grazas a mulleres que multiplican as súas forzas traballando fóra e dentro do fogar, os ingresos familiares auméntanse considerablemente.
Esto permite que:
-A muller se realice como persoa socialmente.
-A muller adquira una formación que antes non tiña,
-A muller aporte uns ingresos para o seu sotenemento e o da familia e –sobre todo- que teña autonomía económica e persoal que tamén é moi necesaria para todo ser humano adulto.

Grazas ós homes que colaboran nas tarefas do fogar e no cuidado dos fillos:
-A muller vese relativamente liberada para poder facer oUtras cousas.
-Os fillos disfrutan máis intensmente dos mimos e apoio dos seus papás.
- E, sobre todo, dan exemplo ós seus descendentes de cómo se debe colaborar na vida do fogar para o ben de toda a unidade familiar e social.
Grazas ó afán de superación, una nova vida renace cada día.

“RENACENDO” será o título do seguin te artigo.

Como teño moi claro de que vostede é una desas persoas cun grande e forte afán de superación, quero darlle os meus parabéns e pedirle que nunca lle cansen as forzas.
GRACIÑAS.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES