Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cultura gastronómica

miércoles, 08 de abril de 2015
Co recendo do queixo de San Simón queremos celebrar hoxe unha das facianas máis senlleira da nosa cultura chairega: a gastronomía. Aínda vivindo a resaca da Festa das Nosas Letras, lembro coma nun centro de ensino, un alumno convidoume a un debate sobre ata que punto os xantares da avoa eran de verdade cultura coma eu estaba a asinar, e fun lembrandolle a lentura e a arte necesarias para acadar a fervenza dos sentidos que achega, por exemplo, unha cunca de caldo... As horas, xa de véspera, que ela vai dedicando, para que o vindeiro xantar sexa un festín suculento para fillos, net@s, bisnet@s..., toda a cadea transmisora deste eido do patrimonio que a mesma avoa recibiu dos seus antergos, e que sen perder nada da súa esencia disfrutamos hoxendía.

Arestora partillamos os roteiros de tapas en todas as nosas vilas, unha demostración de inxenio e creatividade pola banda de tantas mulleres e homes. E non quero afastarme da cociña coma soporte creativo, emporiso non é de estrañar que no roteiro das tapas do 2014 en Guitiriz fose gañadora a que saboreamos “Coma unha espada”, o poema diazcastriano, que reflicte a beleza da Nai Terra, os mesmos elementos naturais que nutren a tapa elaborada pola restauradora do Bar Gaibor, Pili García Bermúdez, un dos espazos de lecer escolllidos polo poeta nos derradeiros anos da súa vida, e asemade que neste ano fose o establecemento Nimbos o agraciado, pertencente á familia dunha das tabernas da súa parroquia natal, Os Vilares, “O Guinea” das Reixas, que tamén frecuentaba o poeta nas viaxes á terra, porque a literatura tamén anda entre os fogóns, e a pegada de Díaz Castro segue frorecendo entre as e os seus veciños.

Sempre admirei a importancia sociocultural das nosas tabernas e bares, mesmo seguindo este fío da comunicación familiar, cantas veces as e os veciños acudimos ao bar buscando o confidente das nosas angueiras ou a tertuliana e tertuliano dos nosos gustos artisticos e das nosas teimas sociopolíticas... Estas lareiras e táboas redondas conservan a memoria do colectivo, a que non é fume que se esvae, senón a cerna do carballo que segue aceso sen esmorecer no fogar.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES