Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha débeda-estafa-auditada

miércoles, 08 de abril de 2015
Desde o Preguntoiro: Unha débeda-estafa- auditada


Desde o pasado sábado, Greza acolle unhas xornadas históricas. É a primeira vez en Europa un Comité de Auditoría da Débeda coa participación cidadán foi convocada no Parlamento.

Para desgracia, os medios de deformación e manipulación deste país idílico de Rajoy pouco ou nada dixeron deste acontecemento. Non son economista nin quero selo, porén, falo de cando en vez con algúns deles e leo moreas de artigos do prestixioso profesor de económicas Vicent Navarro. Coido que a débeda é ilexítima porque serviu para financiar os bancos privados, cou escusa da débeda e estafa estanse levando o noso país por anacos.

¿Que ten de malo en saber de onde ben a débeda?. Co pouco que sei, para min o teño o claro, nestes intres temos a moitos poderosos (os coñecemos moi ben) que temen que se lles pida responsabilidades. Este o medo que teñen os que nos están desgobernando, por iso pactaran ata con demo para non perder o control de seguir roubando á cidadanía e que non nos decatemos como a débeda privada converteuse en débeda pública. Por iso non queren que neste país de pandeiro, poda saír un goberno semellante ao Grego.

Esta medida prometida á cidadanía pola coalición de esquerdas Syriza estase a levar nestes intres para ese cambio que paseniño a están a levar, recuperando 4500 postos de traballo en Sanidade e suprimir o pago por consulta.

Deixoume abafallado o vicepresidente da ONU Jean Ziegles, cando comentou no su día: “...España non debería pagar a súa débeda por delituosa e ilexítima...”Vivimos nunha orde mundial criminal e caníbal, polo tanto os especuladores financeiros deben ser xulgados e condenados semellante ao tribunal de Núremberg...”. Prefiro a tese deste señor a aqueles que berran como tolos (PP-PSOE), cando Syriza (Greza) quería facer unha auditoría desta farsa e estafa.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES