Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (55)

miércoles, 08 de abril de 2015
A primeira vez que fun aprender a coser


Saín da escola aos catorce anos. Despois, fun coser con miña irmá Josefa. O primeiro día, fun á casa de Maceira, que, logo, sería a casa do meu home. Recórdoo moi ben, pois, á noite, déronme unha peseta de papel. Iso foi o meu primeiro soldo. Con que pouco nos conformamos. Eu xa sabía facer ben os ollais. Pero, miña irmá mirou como poñía o dedal e díxome que o facía mal. Despois, xa me saía todo ao revés, pero acostumeime a empuxar polo lado a agulla.

Os primeiros días rendían moito, pois, todo o día sentadas, cansaba. Logo, xa te acostumabas e levábalo ben. Ía pouco coser, pois tiña que ir a Betanzos vender. Había moita froita: cereixas, mazás, peras, patacas, maínzo, trigo, etc. Había tres días á semana mercado. Logo, tiña que lavar. Así, quedaban poucos días. Pero, o pouco que aprendín foime de moita axuda na vida, para criar os fillos. Naqueles tempos, non había roupa feita como agora. Todo se facía na casa. Aínda aos setenta e dous e setenta e tres anos fun ao corte. Nunca é tarde para aprender. Todas as rapazas debían saber facer a súa roupa. Agora, hai moita abundancia. Nos tempos de antes, viñan mulleres con retais que lles sobraban aos xastres para facer pantalóns para os nenos.

Polo patrón, nas aldeas, sempre se estreaba algo. Valorábase moito vestir ben. Se hoxe viran o que se tira, non o crerían.

Un recordo deses tempos pasados.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES