Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cámaras de Comercio

miércoles, 19 de abril de 2006
Hai en Galicia un total de nove Cámaras de Comercio, nalgúns casos de Comercio, Industria e Navegación, ás que a Xunta ten no punto de mira, posiblemente de xeito similar ás Deputacións Provinciais, para regular máis de perto o seu traballo e cometidos, e para -de paso- controlar máis directamente.

O das Deputacións provinciais segue adiante, e como queira que o setenta e cinco por cento das galegas están gobernadas polo Partido Popular, son apetecible bocado para os que detentan o poder autonómico, e non deixarán pasar a presente lexislatura sen intentar poñer unha pica nas organizacións provinciais, ata agora cun grado de autonomía que lles parece inadecuado.

As provincias de Lugo e Ourense teñen unha soa Cámara, tres a de A Coruña (A Coruña, Santiago, Ferrol) e catro a de Pontevedra (Vilagarcía, Pontevedra, Vigo e Tui), e que son interesantes os servicios que prestan ninguén o pon en dúbida, excepción feita dalgunha manía megalómana, e ás que só cabe argüir en contra que sexan de obrigada afiliación e cotización cando hai similares organismos, como as Confederacións de Empresarios, que son voluntarios e só participa o que quere pertencer.

Quizáis as Cámaras responden a vellos plantexamentos de tempos nos que facía falla a unión de esforzos para poder emprender accións de importante envergadura, mesmo no exterior, e non había outros mecanismos institucionais ou privados.

Na actualidade, afortunadamente, non están soas no mundo empresarial e social.

Está ben que se tenda á súa renovación, que se incida na democratización dos seus procesos, e se teña un axeitado control da súa actividade. Pero resulta que a Administración controla cada vez máis profundamente e en máis sectores. E esto parece – como o das Deputacións – un avance máis no control de institucións que ata agora camiñaban por libre.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES