Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os falsos autónomos nas aeroliñas

jueves, 02 de abril de 2015
Desde o Preguntoiro: Os falsos autónomos nas aeroliñas

Da noxo e vergoña escoitar a tertulianos sobre o accidente do avión de Barcelona a Düsseldorf. Todos eles teñen unha preparación de pilotaxe que da medo, ata parece que controlan a cabina instrumental do avión, non sei se son uns inconscientes ou uns fenómenos. Desde o meu punto de vista son uns fala barato ou seguen consignas que nada teñen que ver co que aconteceu.

Sobre esas supostas causas, deron un xiro de 180 grados cando a fiscalía francesa lanzou a primeira hipótese que o xove piloto esnafrou o avión a conciencia. Desde esa valoración quedan en segundo plano as responsabilidades da compañía e as aseguradoras. O feito de cargarlle o morto ao piloto non me convence e practicamente a case ninguén, ao sindicato de pilotos (SEPLA) considera precipitado sacar semellantes conclusións sobre as causas do sinistro, a tampouco tempo do mesmo, nunha gravación de nove minutos e ao día de hoxe sen analizar o contido da segunda caixa negra.

Dos días despois do sinistro, o Parlamento Europeo discute un estudo da Universidade de Gante financiado pola Comisión Europea. No texto fala das “implicacións no campo da seguridade nas liñas aéreas de baixo costo.

Unha alarmante número de pilotos está traballando sen relación directa coa aeroliña, especialmente non sector low-cost, onde hai cantidade de autónomos, e o que é peor, os falsos autónomos.

Os falsos autónomos teñen unha situación de ser contratados a través desas oficinas da escravitude (ITT), onde a empresa matriz evita o pago de impostos e cotizacións a Seguridade Social: sete de cada dez pilotos traballan para unha compañía low-cost. Danse casos no que moitos pilotos para poder acadar voar sabe que necesita gañar experiencia, pagan á propia aerolinea do seu pecunio.

Remata o informe de Gante: “todo isto non deixa de ser unha explotación financeira directa e todos os novos pilotos que padecen unha presión desproporcionada”. De todo isto nada din eses caralláns de “tertulianos”. Todo isto chéirame moi mal.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES