Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Filtracións

miércoles, 01 de abril de 2015
Agora as augas veñen depuradas de orixe, cloradas case sempre, polo que os vellos filtros cerámicos ou de area supoño que quedaron en desuso. Por iso agora cando se fala de filtros –máis aínda de “filtracións” – fálase doutra cousa.

Agora as filtracións non son físicas senón virtuais, informativas ou dixitais, interesadas ou naturais, e van desde determinadas áreas de poder ou de decisión ata persoas ou persoeiros do mundo da información, de maneira que constitúen fontes fiables, seguras, ilícitas, ilegais que os xornalistas utilizan porque a Constitución garante a liberdade de información, e aínda que se arrisquen a ter problemas, un informador non divulga as súas fontes informativas.

No Ministerio do Interior tomouse nota do problema e a Dirección xeral da Policía ven de remitir aos axentes ás súas ordes unha circular que dispón o máximo control da información que chegue aos medios de comunicación. É un recoñecemento de facto de que se detectan filtracións dentro dun organismo onde a información non só é poder senón mesmo unha razón de ser.

Avísase nesta instrucción que a filtración de información pode dar lugar a responsabilidades penais, disciplinarias, e mesmo conducir ao cárcere.

De sempre, os funcionarios estiveron suxeitos a unha “cláusula de confidencialidade” aínda que se chamase doutra maneira, non podendo divulgar ningún asunto que coñecesen por razón do seu cargo. Se esto se cumprise, non só na policía senón en xeral por todos os funcionarios e persoas públicas que coñecen temas sensibles, os medios informativos terían –teríamos- menos temas ou asuntos dos que informar, pero a sociedad tería maior tranquilidade e cando os temas chegaran á opinión pública faríano no momento axeitado, e pasando os necesarios filtros para garantir a súa imparcialidade e procedencia.

Pero imos seguir igual, con filtracións interesadas facéndonos comulgar con rodas de muíño.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES