Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As peaxes do B.N.G.

lunes, 17 de abril de 2006
Que o B.N.G. non gosta das peaxes témolo claro os galegos desde que aló na prehistoria de Galicia proclamaba como unha “navallada á nosa terra”, a construcción da autopista entre A Coruña e Santiago pola barreira que supuña en tódolos lugares polos que pasaba, separando pobos e aldeas, e a estas con parte das súas terras.

Aquela afortunada “navallada” e outras moitas que se foron producindo, cambiaron a cara e o corpo deste País, ó que aínda lle faltan algúns sucos máis coma este para estar plenamente vertebrado.

Na actualidade, construídas autovías gratuitas practicamente iguais ás autopistas, ós galegos dóenos a peaxe que hai que pagar ás empresas privadas que financiaron, suplindo ó Estado ou á Autonomía, a construcción destas decisivas infraestructuras. Peaxe que en dous casos ven de suprimirse (Rande e A Barcala) por ser especialmente oneroso para quen ten que utilizar varias veces ó día estas vías de comunicación.

Son as nosas institucións as que cargan desde agora con esas peaxes como único medio de contemporizar coas concesións existentes, con aínda varias décadas de vixencia.

Desde o Bng esíxese que non se constrúa un kilómetro máis de autopista de pago en Galicia, e aboga porque se reduzan as peaxes da autopista da “navallada”e da que de Santiago vai a Dozón.

Polo que a Galicia e á súa administración se refire, ben fará o Bng en plantear esa esixencia de portas adentro, xa que ahí está como exemplo a Autopista Coruña-Carballo, que a Xunta impulsou.

Visto o perfecto funcionamento da autovía Madrid-Coruña, sen peaxe algún en Galicia, ou a de Ourense-Vigo das mesmas características, a lóxica conclúe que en Galicia hai que construir autovías e non autopistas, e procurar ir “alixeirando” os moi elevados custos que para os usuarios teñen estas últimas.

Todos estamos de acordo co Bng nesto das comunicacións. Pero tamén coidamos que, ademáis de proclamalo urbi et orbe para que todos nos enteremos, debe facelo nas institucións de que forma parte, onde ten aínda máis forza que nos mass media.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES