Corriente Contínua
Cardalda, Theo - martes, 31 de marzo de 2015
Desde o Preguntoiro: Corriente Contínua
Nas eleccións en Andalucía os dous partidos maioritarios perderon votos, porén, segue o bipartidismo con menos intensidade. Non deixa de ser un resultado da Marca España, capitaneada por eses empresarios da comunicación e domesticación de masas, por eses capitáns de empresas do saqueo do Ibex 35, os piratas da enerxía e con os da usura bancaria. A verdade que o fan moi ben, non se presentan ás eleccións pero sempre gañan coa axuda duns corta lumes que se alternan no goberno.
Esa é a clave polo que seguen mandando neste esperpéntico país en contra da cidadanía, xa que os que teñen o poder (os alternantes), van sempre xuntos da man dos que se agochan detrás da súa patria: Suíza.
Aínda que sexa moi cruel dicir o inxusto que é ese mundo que defenden, por moito que sexan acompañados pola bosta, corrupción, engano e estafa, ollaremos que non teñen fisuras na súa unidade de acción contra a maioría dos cidadáns, todos os valores humanos o pasan pola entreperna, esa é a súa forza.
Os que temos un anaco de conciencia e experiencia, sabemos pensar cos miolos para non deixarnos influír pola opinión publicada dos medios de desinformación. Moita xente do común, levamos anos sabendo iso, todos os pasos adiante que deu a humanidade foi sempre cando nos unimos contra todo aquilo que nos escraviza. Cos anos, estes desalmados aprenderon moito de nós, agora son eles o que xuntos nos seguen escravizando. Levamos tempo sabéndoo do que está pasando, porén, non aprendemos e nos costa convencernos que só temos unha bandeira baixo a que temos que marchar: o crer nun mundo máis xusto.
Todas as diferencias témolas que deixar no cortello, xa arranxaremos esas diferencias canda rematemos con estes capitáns do neoliberalismo. Algo disto aconteceu en Andalucía, se non aprendemos desta, apaga o candil Maruxa que váixome na próxima.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora