Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alfonso volve estar na casa

lunes, 30 de marzo de 2015
Se digo que Alfonso volve estar na casa, haberá moitos lectores que non saiban de que falo. Pero haberá moitísimos que si o saiban.

Alfonso Blanco Torrado é crego na comarca de Guitiriz desde hai catro décadas. Viña de Ponteceso, pasando polo Seminario de Santiago e pola Pontificia de Salamanca, e chegando a Guitiriz, onde nunca foi párroco da capital do concello, posiblemente porque o escalafón non lle afecta.

Pero revolucionou Guitiriz e toda a Terra Chá, coa asociación Xermolos, a Irmandade Manuel María, centos de iniciativas culturais, ducias de libros, milleiros de actos…. E o Festival de Pardiñas, que supoño que é o único crego que se mete nesas fonduras da música e da arte.

Atende rapaces, e os rapaces adórano. Atende a Biblioteca, da clases no Instituto, coida persoas con problemas de drogadicción, e rehabilítaos, aínda que algunha vez o tema váiselle das mans e sofre as consecuencias. Estivo a punto de morrer envelenado, e no Hula conseguiron que siga entre nós.

Perdoa a quen lle fixo mal, vaino ir ver a Bonxe, e seguirá co seu cometido porque a xente que leva na fronte unha estrela naceu para altos destinos e sabe que hai cousas moito peores que a morte, e loitan pola vida dos demais máis ca pola súa.

De novo, Alfonso está en Guitiriz, coa súa xente, con esa xente que por centos pasou días pasados polo Hula, cos que saben que Alfonso non pecha nunca ningunha porta e o que é del, non é del, senón de todos os que precisan del.

Alfonso é un raro exemplar da especie humana. Un amigo decíame onte, e por estar de acordo con él, remato así: Se en Galicia houbese dez Alfonsos coma Alfonso, este país sería moi diferente. Polo menos, temos un “Alfonso de Guitiriz”, que -de novo- está na casa, e en pé de paz.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania