Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Liturxia en San Martiño

lunes, 30 de marzo de 2015
Trala Coresma chega a Semana Santa que se sitúa arredor do equinoccio de primavera; é a maior celebración do calendario entre as festas rituais de Galicia e ten lugar entre o Domingo de Ramos e o Sábado Santo. É o tempo do renacer da natureza tras o período invernal, e foi sempre festexado nas distintas culturas. É unha celebración eminentemente cristiá, chea de connotacións relixiosas.

A Semana Santa supón, ante todo, a conmemoración da morte e resurrección de Xesús. Pódense atopar orixes moi antigas a esta celebración.

Moisés instituira xa a Pascua para o pobo hebreo, en recordo do paso do Anxo por Exipto e a fuxida dos hebreos atravesando o Mar Vermello. Nese día sacrificaban cordeiros e comíanos con pan sen fermentar, sen lévedo. Nesa noite pascual terá lugar o prendemento de Xesús e o incio da paixón.

Alá polo s. IV comezou a facerse a adoración da Cruz no día de Venres Santo. A celebración da Paixón de Cristo expandiuse con rapidez por Europa grazas, sobre todo, á práctica que promoveron os franciscanos de representar os Vía Crucis.. Tódolos rituais baséanse nestes feitos históricos e relixiosos.

É tempo de fervor e piedade, pero tamén datas cheas de dramatismo e teatralidade, como amosan as procesións. En Galicia son moitas as festas rituais que se adoitan celebrar como un xeito mais de transmitir e manter vivas as tradicións. E na nosa bisbarra a Semana Santa ten o epicentro e a mais entrañable celebración en San Martiño de Mondoñedo, baluarte da historiografía diocesana, marco axeitado para a reflexión e o recollemento, dada a austeridade monumental das súas vellas pedras, das que Cunqueiro dixo que “parecen labradas por mans imposibles”.

Os veciños, capitaneados pola Confraría do Desencravo, conscientes de tal realidade histórica, e respondendo ó sentir da Comunidade veciñal , loitan porque prevalezan os valores humanos, culturais e espirituais nas xeracións vindeiras. A brillante Semana da Música Xosé Alonso, que se desenvolve durante a Semana Grande, no marco daquela Basílica, de incomparable e fidedigna acústica, constitue atractivo de outa calidade artística.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES