Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Algúns significados da festa parroquial

miércoles, 12 de abril de 2006
PUBLICACIÓN: Rev. Libredón, 1995, Santander.

A celebración das festas do santo patrón-oa en calquera parroquia galega teñen un senso de festa relixiosa, na que a misa maior e a procesión cos santos da comunidade xamais poden faltar. Trátase da pertenza dos individuos a unha comunidade que celebra a súa unidade conmemorando ós que a representan.
"La fiesta tiene un sentido de comunidad territorial cuyos miembros se reunen en la fraternidad filial alrededor de su padre espiritual, el santo patrón..." (1).

O santo, elemento fundamental da festa, é o símbolo da comunidade. Actua como modelo da virtude, fornecendo ó individuo dun senso cívico comunitario que queda reflictido nunha serie de traballos agrícolas e tamén en momentos de crise dentro da comunidade -mortes, doenzas-. " El santo preside formas sociales particulares, modos locales de convivencia y reciprocidad, experiencias cotidianas de trabajo y ocio, vivencias acumuladas de crisis y sufrimiento..." (2).

A festa é a manifestación da identidade da comunidade, da cohesión como grupo, que se amosa fronte a unidades comunitarias externas a través dunha serie de rituais reflictidos nas loitas sostidas noutrora entre os xoves de comunidades veciñas e a tentativa de emular a través da festa coas comunidades contiguas. "La celebración de esas festividades es la ocasión para solidarizarse y autoafirmarse los vecinos de un pueblo peleándose con los vecinos del próximo" (3).

A festa, ademais de servir de elemento de cohesión da comunidade, é útil como elemento de comunicación do grupo comunitario. "A festa abre a comunidade ó exterior: hai unha multitude de xente, maiormente mozos, que veñen o día da festa. Estos visitantes, mozos, veñen só pola tarde para bailar" (4). Por medio do xantar, a festa vale para renovar non só as relacións entre os amigos senón tamén entre as diferentes casas da familia. "Los centros parroquiales se convierten en punto de reunión de parroquias vecinas, con la colaboración de la íntima fiesta familiar de cada casa y de sus parientes extra-comunitarios" (5).

A festa convírtese tamén nunha forma de liberación da sensibilidad xa que é o intre no que se consinte a ruptura das normas e regras que presionan e reprimen a conducta dos membros dunha comunidade. "La fiesta es siempre un rito de paso. Ella marca el paso de un año a otro, y para efectuar este paso, está siempre tentada de decretar una inversión de las concepciones y de las conductas de la vida corriente de las que sale durante la fiesta para poder volver a entrar renovado y cambiado" (6).

Durante as festas a parroquia convírtese nun gran teatro ritual celebrado nos espacios públicos e sagrados como a praza e o templo. Os seus veciños son os actores que afianzan o seu senso comunitario ó participar dun xeito intenso na festa. A escenificación festiva reforza a conciencia de unidade. "El santo patrón hace a la fiesta y la fiesta hace al pueblo" (7).

NOTAS
1. PITT RIVERS, Julián.- L'identité locale vue à travers la fiesta, Coloquio Hispano-Francés, Culturas Populares, Diferencia, Divergencias, Conflictos, Universidad Complutense, Madrid, 1986, p. 20.
2. LISON TOLOSANA, Carmelo.- Antropología social y hermeneutica, Fondo de Cultura Económica, Madrid, 1983, p. 60.
3. LISON TOLOSANA, Carmelo.- Invitación a la Antropología Cultural de España, Akal, Madrid, 1980, p. 85.
4. MANDIANES CASTRO, M.- Antropología dunha parroquia galega. LOURESES, Galaxia, Vigo, 1984, p.120.
5. FERNANDEZ DE ROTA, J. A.- Antropología de un viejo paisaje gallego, Centro de Investigaciones Sociológicas, Ed. S. XXI, Madrid, 1984, p. 259.
6. PITT RIVERS, Julián.- Ob. cit, p. 19.
7. LISON TOLOSANA, Carmelo.- Ob. cit, 1983, p, 61.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania