Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cando impera a mentira

miércoles, 08 de abril de 2015
Fun ver “O Principio de Arquímedes” que a compañía Teatro do Atlántico representou no Rosalía da Coruña. A obra pareceume tremendamente actual xa que trata de un monitor de natación que abraza a un neno. A partir de aquí, comezan suposicións e terxiversacións da realidade ata facer ver o que nunca foi e, en cambio, representa a verdade social que cae coa rotundidade dunha lousa sobre o protagonista.

A obra é un espello dunha sociedade na que os medios de comunicación debuxan unha realidade á medida dos intereses oligárquicos que representan e que utilizan o poder para denigrar e destruír a determinadas persoas. Esta é a sociedade que, día a día, construímos baixo os fíos daqueles que xeran estados de opinión capaces de virar a realidade cara aos seus intereses. Cada vez estes medios están máis crecidos en púlpitos de soberbia que non teñen pau nin pedra á hora de rematar coa carreira dunha persoa. Entón todo vale e todo se xustifica ao amparo dunha liberdade de expresión prostituída pola miseria moral. Se queres medrar xa sabes como hai que pensar. O paraugas do politicamente correcto sempre te ha protexer, iso si, sempre e cando o teu razoamento sexa o que lle convén.

O perigo dun país que impón o politicamente correcto é evidente: pouco a pouco a democracia non lle queda aire para respirar. Mais, volvendo ao conto, é necesario, tamén, ponderar as informacións e corroboralas antes de botar leña ao lume. Na obra vese como un monitor con anos de experiencia fica espido ante un comentario do alumnado.

Obviamente, a infancia ten que ter toda a protección pero isto non pode implicar o cuestionamento radical e sen probas dun profesional.

Polo tanto, creo que temos o suficiente grao de madurez como para ir con pés de chumbo en determinados temas e non deixar a ningunha persoa á intemperie dun xuízo social que gratuitamente lle pode arruinar a vida. Non pode haber verdades absolutas e non pode crerse a determinadas persoas máis que a outras. O xusto é comprobar cada argumento e esixir que o acusador aporte probas de cada palabra e o xusto, tamén, é esixir a aqueles que basean a súa vida profesional na mentira permanente que abandone a vida pública e que non sigan botando gratuitamente lixo sobre os demais. Todos temos que pagar polos nosos actos e os que vulneraron unha e outra vez a ética profesional non poden seguir facendo discursos de tribuna.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania