
Realizada esta fin de semana a primeira ruta do programa Andares polos Vilares, puidemos constatar o seguinte:
O estado xeral das fontes e muíños é de abandono. En casos mesmo ocultos pola vexetación e só visitabeis por aqueles que as/os coñecen ben personalmente ou por referencias xa que non existe ningún tipo de señalización.
Na visita a seis fontes, Piabade, Mourente, Espiño, O Cando, Pontegafín e Tenxido vimos que en Piabade e Mourente foron construidos depósitos de cemento a carón delas cun evidente impacto medio ambiental e posible delito no aproveitamento privado desas augas. A de Pontegafín, prácticamente desaparecida e o resto en estado de semi abandono e faltas de limpeza arredor. As augas, limpas e frescas, saborosas.

En canto aos catro muíños, situación parella á das fontes, abandono, deterioro e faltos de sinalización, mesmo un deles recebado de cemento e Tellado de uralita. En todos a vexetación rodeaos e nalgún caso fai incluso difícil a súa visualización.
En máis muíños e fontes que visitaremos no futuro, prevemos unha situación.parecida que evidencian o escaso interés privado e público na consolidación deas ruinas, na súa restauración e a nula labor de catalogación, sinalización e limpeza deste patrimonio natural e etnográfico.
As rutas programadas, pretenden poñer en valor a riqueza patrimonial da paisaxe e etnográfica dunha maneira lúdica pero tamén reivindicativa e de sensibilización coas riquezas histotricas e culturáis da parroquia é zonas lindantes.
www.dosvilares.com