Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O hospital asilo de Vilalba (26)

jueves, 26 de marzo de 2015
Ano 1927

Comisión Executiva de 9 de xaneiro. Os datos económicos a 31 de decembro de 1926 ofrecen un remanente para obras de 24.281,81 ₧.

Francisco García Olano. Este vilalbés cesou como presidente do Centro Galego de Bos Aires despois de tres anos nocargo. Asíse recolle na publicación «Céltiga» que edita o centro bonaerense.
Téñense noticias de que no próximo mes de abril emprenderá unha viaxe de vacacións á súa terra natal e aquí háselle poder facer unha xusta homenaxe ós seus traballos en favor da colectividade, malia que el reitere que non é merecedor de homenaxes e que os homes deben ir ás sociedades exclusivamente para cumprir co deber. Soubemos que meses máis tarde o pensado homenaxe foi efectuado non sen resistencia por parte do interesado. A prensa loou oxesto por moi merecido.

«Hijos de Burgás y Candamil». Esta sociedade de instrución e recreo constituída na Habana acaba de renovar a súa directiva. Plácido Gato González, presidente; Benilde Castro Yáñez, vicepresidente; Rosendo Arias Naseiro, secretario; Avelino Prieto, vicesecretario; Modesto Freire, tesoureiro; Pedro Souto, vicetesoureiro; Justo Guizán Cao, Antonio Peña, Daniel Prieto Prieto, Manuel Ramil, Daniel Prieto Vérez, Jesús Castro Yáñez, Juan García, Silvano Polo, Gervasio Guizán Cao e Telmo Prieto, vocais; Diego Peña, Antonio Castao e José Parga, suplentes.

Comisións Executivas de febreiro a maio. Acórdase encargar as seguintes obras e materiais:
- O portier da entrada segundo os planos, ó carpinteiro desta vila Juan Fernández Teijeiro. Xunto co peche do faiado custarán de man de obra 250,75 ₧, materiais aparte.
- Baldosín para o vestíbulo, número 137 do catálogo da casa Escudero da Coruña. As paredes das habitacións que deban levalo, branco.
- Os servizos sanitarios que sexan precisos.
- Canos e chaves para a instalación de auga.
Máis adiante pediríase o motor eléctrico e o depósito. O fontaneiro xa estaba traballando no mes de maio.

Pausa do «Heraldo de Vilalba». Do 20 de xaneiro ó 7 de abril, este xornal deixa de publicarse. Cando volve saír diríxese ós lectores manifestando o seu desexo de continuar ocupándose
en defender os dereitos da xente, e iso malia que algúns xa se alegraban de que estivese calado.
A interrupción veu imposta pola venda do establecemento tipográfico onde se imprimía, imprenta propia. A partir desta data vai ser impreso, con novo formato, na imprenta Fojo de Viveiro.

Entroido. Este ano saíron á rúa dúas comparsas.
–«Los tenorios villalbeses». Lucían «la capa airosa de rojo vivo color», como rezaba unha copla da súa harmoniosa xota. Tiveron por padriños a Consuelo Fraga Bello e a Víctor Basanta Silva.
–«La corte del amor». Desenvolveron incansable actividade e tamén luciron vistosa indumentaria.
As festas completáronse cun grupo de mozos que, baixo a denominación de «Los recién llegados de Cuba», deu a nota cómica con bailes e cantos apropiados para o nome adoptado.
O popular Pedro da Ferreira, por non perder o costume, percorreu as rúas tocando a gaita acompañado de bombo e tamboril.

A cuestión do xulgado. Nos primeiros meses do ano un asunto preocupou e ocupou as forzas vivas locais. Como se procedese a unha reorganización das cabeceiras dos paridos xudiciais, había a ameaza de que Vilalba perdese tal condición e que polo tanto quedase sen xulgado de instrución. Para que a vila non fose afectada pola medida, creouse unha comisión que integraron representantes da Alcaldía, dos avogados, das sociedades locais e de habaneiros, dos sindicatos agrícolas, do maxisterio... O caso foi que ós poucos días de realizar unhas visitas a persoas influentes da Coruña xa se recibiu a seguridade de que o xulgado non sería suprimido.

Cousas municipais. Para aprobar os orzamentos de 1927 foron necesarias dezaoito sesións e moitas horas de acaloradas discusións. Especialmente virulenta foi a do 23 de marzo, na que os concelleiros Apenela e Moltó se enlearon nunha discusión de fortes palabras pedindo ambos que estas constasen en acta. E todo en contra da opinión dos demais edís que chamaban á calma. Na mesma sesión acordouse nomear fillo adoptivo da vila ó ministro da Gobernación, don Severino Martínez Anido.

Ligustros diante do Concello. Foron plantados a finais do mes de marzo. Substituíron as vellas acacias que non había moito foran derrubadas sen consideración. Outro tanto debía facerse fronte da igrexa, porque esta especie non produce ramaxe excesiva e dá boa sombra no verán.

Sociedade cubanas. Continúan as actividades dos vilalbeses na Habana.

Hijos de Goiriz. Preside a sociedade José Mª Carreiras; vice, Antonio Gaute; secretario, Luís Calaza Carreiras; vice, Vicente Hermida; tesoureiro, Ángel Calaza Carreiras; vice, Antonio Paz González; vogais, José Pérez, José Cendán Rouco, José Cendán López, Antonio Corral, Antonio Geada, José Lozano, Bernardo Lozano, Pedro Bermúdez, Manuel Seijo, Domingo Cordal, Julian Díaz, Jesús Calaza; suplentes, Avelino Calaza, José de Vicente, Antonio Castro, José Rego, Antonio Cendán e Francisco Díaz.
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES