Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pausa

miércoles, 12 de abril de 2006
Estamos en “Pausa” en tódolos artiluxios mecánicos, electrónicos ou vitais, por mor das vacacións... E durante un cento de horas todo queda en suspenso.

Miraremos ó ceo, neste tempo outrora tan vencellado ás celebracións relixiosas, pero neste caso pescudando como van comportarse os elementos meteorolóxicos que condicionan todo disfrute festivo.

Quedan ó lonxe, en pausa, os netos de galegos do exterior, que xa saben que non van ser considerados “galegos”, agardando que o Ministerio de Traballo reconsidere a súa decisión, e cumpla as promesas feitas.

En descanso, cabe supoñer que merecido, os directivos do Sergas, frotándose as mans, porque aínda non dan dixerido eso de ter reducido a súa débeda nun setenta e cinco por cento en tan só uns meses.

Agardando, os alcaldes do Salnés e a Vicepresidencia da Xunta, templando gaitas e tentando remendar comportamentos para non ter que recoñecer un increiblemente grave desencontro.

Espreitante, a garda civil de Lugo, que se atopa en folga de celo, e só vai denunciar comportamentos graves, como protesta porque lles reduciran o soldo por non incrementar o seu nivel de denuncias.

E, en fin, compás de espera para que se poña en marcha esa iniciativa da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, en colaboración coas universidades galegas, para facer xustiza histórica ós represaliados (arredor de 250.000) en Galicia a raiz do Alzamento de hai setenta anos, o dezaoito de xullo.

Cen horas de pausa para que a vida siga. Catro días de vida intensa para – supostamente- lembrar unha morte. Situámonos en paro, para que o próximo luns todo volva á normalidade. Se é que as novas de tódolos días conforman unha situación que puideramos chamar normal.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania