Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Eclipse Eclipsado

jueves, 26 de marzo de 2015
Cando anúnciase unha marabilla da Natureza créase unha expectación nos que aínda nos facemos preguntas relacionadas co gran misterio que supón formar parte desa inmensidade galáctica que é o Universo. Cando anúnciase un eclipse esperamos con certa ansiedade que as condicións atmosféricas sexan as idóneas para observar o espectáculo, como sucedeu o venres pasado. Mirade por onde Galicia estaba entre as áreas nas que o eclipse viríase case completo ( un 80%) pero pretender a estas alturas do ano que o ceo estea limpo na nosa terra é case un milagre e quedamos coas gañas de velo en directo. Vale, en realidade eu si conseguín, con un pouco de paciencia e coa colaboración das nubes que actuaron de filtro improvisado para que puidera fotografalo, esa imaxe para o recordo.

Isto do eclipse trouxo a miña memoria lembranzas de como a xente vía estes “fenómenos” e facía as súas propias cábalas. Unha vez lin que unha tribo de América Central facía tódolos días un ritual para que aparecera o sol, e mirade por onde un día que non o fixeron coincidiu cun eclipse, o cal veulles a reafirmar que era imprescindible o conxuro para que o sol saíra cada día, e dende aquela non deixaron de invocar ós deuses.

Tamén recordo o que meu avó me contaba do gran cometa, do cometa Halley, que aparece no ceo cada 78 anos logo de facer un percorrido cósmico incrible e que el observara asombrado cando era un neno. Dicíame que a súa cola ocupaba gran parte do horizonte e que tiña coma un ton dourado cando o sol declinaba alén do mar. Foi aquela vez na que o cometa Halley pasou máis preto da Terra e a xente miraba ó ceo con medo e con impotencia sabedores de que non se podía loitar contra aquela forza da natureza. Curioso era tamén o concepto de territorialidade que algunha xente tiña, pois crían que o mundo circunscribíase so ó seu espazo vital. A xente ía ó Campo da Leña na cidade vella de A Coruña a observar aquel fenómeno, e moita collía as súas pertenzas e en carros fuxían porque dicían que aquilo podería representar o fin do mundo. Cousas veredes.

Pero os tempos foron cambiando dende antes de que Dylan se dera conta, e agora estudamos máis as causas que provocan estes fenómenos. Somos capaces de colocar unha sonda nun meteorito que viaxa a velocidade de vertixe polo Universo e a non tardar poderemos poñer o pe en Marte. Pero eses percorridos son equivalentes aos que facemos nós cando saímos á tenda da esquina comparados coas distancias interestelares. Cada vez sabemos máis, pero o Universo segue sendo un misterio para os seres humanos. A Lúa, o Sol e a Terra forman un trío polo momento ben compenetrado. Sen a Lúa e o Sol non estaríamos aquí. O venres puxéronse de acordo para ofrecernos un belido espectáculo alienándose perfectamente para que o diámetro da Lúa coincidise co do Sol e proxectar así sombra sobre a parte luminosa da Terra. O equilibrio é perfecto; non quero pensar o que sucedería se a orbita da Lúa modificase o seu ángulo ou se o Sol variase a súa emisión de luz e de enerxía. Sería o fin da vida no noso planeta.

O eclipse xa pasou e quedou aquí abaixo un pouco eclipsado polas nubes: os astros, planetas, meteoritos, cometas e satélites seguen aí movéndose e gravitando en perfecta harmonía, e nós a vivir neste pequeno grao de area pertencente á inmensa praia que é o Universo. E un, ante tal prodixio, non pode facer máis que se marabillar. Abofé.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania