Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Visita á Galicia Profunda

lunes, 30 de marzo de 2015
Visita  Galicia Profunda Unha paisaxe da árbores espidas conducían ó Alumnado da UNED Sénior de Xestoso á Galicia profunda en compañía do noso Profesor D. Felipe Senén López. O noso Coordinador D Luis Ángel Rodríguez Patiño, tamén nos acompañou pero tan só a tempo parcial porque as súas circunstancias persoais así o aconsellaron. Pola A-6 dirixímonos ata Lugo e pola Vía de Altas Prestacións C.G 2.2 que une Lugo con Monforte, dirixímonos ata o Incio, a comarca obxecto da nosa visita. Adentrámonos no INCIO bordeados de fragas de bidueiros, soutos, carballerias e –por veces- vexetación alpina. O principal monumento está en Hospital de Incio, onde se atopa una igrexa feita de mármore da zona, construída sobre outra máis antiga, posiblemente do século sete como atestigua un Cristo que se conserva pendurado á dereita do altar.

A igrexa actual data do seculo XII e parte do XIII. Nela atópase un sartego dos Quiroga cunha incripción que indica que tamén era comendador de Portomarín. Un nativo nonaxenario ó mesmo tempo que nos narraba as súas experiencias no lugar, encargouse de mostrárnola e o noso profesor encargouse de cumplimenta-las explicacións. A un lado da igrexa, nunha torre a parte atópase o campanario e na outra banda un edificio cos enterramentos dos Quiroga. Encima da porta principal mostra o escudo de San Xoán de Xerusalén, dos Cabaleitos de Malta. Máis arriba una xanela en sustitución dun rosetón que seguramente foi vícctima dun de tantos tremores como levan sacudido aquelas terras ó longo dos séculos. Preside a igrexa, una cruz no cume.

Dúas columnas dunha igrexa máis antiga soportan a estructura, mostrando una cor máis escura polo paso de tempo. Por un lateral, ten un porche cunha porta que tamén dá aceso á igrexa presidida por un maxestouoso Cristo do Século XIII. Ó pé da torre do campanario atópase un busto dun cura moi querido na zona: D ANXO GONZÁLEZ GONZÁLEZ que veu alí a servir e non a ser servido.

A placa que leva debaixo dí así:D. José Ramón Gómez Besteiro, Presidente da Deputación de Lugo inaugurou este busto adicado a D. ANXO GONZALEZ GONZÁLEZ e promovido pola Asociación Veciñal e Cultural Terras do Incio e polos veciños da parroqias de Santa Cruz, San Pedro Fiz, Trascastro, San Pedro Fiz de Hospital do Incio (31-1-2009)

Seguímo-la rota ata FERREIRÍA, aldea semi-abandoada que noutrora tivo moito interese como zona residencial para os usuarios do BALNEARIO de augas ferruxinosas que hai nas proximidades.

Visita á Galicia ProfundaAquelas terras deron soporte a personaxes tan destacados como:
- ÁNXEL FOLE –que amparado polos Quiroga Palacios- inspirouse alí para escribir: “A LUZ DO CANDIL” e TERRA BRAVA”
-LOIS PEREIRO, escritir homenaxeado fai pouco polas Letras galegas.
-DURÁN LORIGA, famoso matemático que facía os seus teoremas matemáticos nunha cabana construíoda sobre un castiñeiro no Pazo de Romariz.
-FIZ VERGARA VILARIÑO, escritor de Lóuzara
-MARICA CAMPO do Val do Mao, coñecida por todos nós.
-E un escultor que traballa a pedra con gran mestría naactualidade.

Na paisaxe, eminentemente rural, abundan as fragas de chopeiras, castiñeiros centenarios, carballeiras, abelairas, algún pìñeiral tipo alpino, as primulas amárelas dando cor e anunciando a chegada da primavera e un sinfín de especies tanto vexetais como animais que poboan o sotobosque. Casas de labranza, gando vacún, ovino e cabalar. Algunhas casonas e pazos como o de Romariz, e moitas casiñas de labregos que tiveron que emigrar. Outras casas pechadas esperando os donos para veranear.

Casuchos de pegoreiro onde se gardaban os pastores, muíños abandoados, una piscifactoría, una ferreiría e cortizas de abellas salteadas polas ladeiras… A capital do INCIO atópase na CRUZ DO INCIO onde poidemos observar os servizos mínimos e una boa residencia para persoas maiores de recente construcción.

Á volta paramos en SARRIA, pobo situado no Camiño de Santiago, que deu personaxes tan ilustres como Gregorio Hernández,e Díaz Fuentes. Conta tamén con importante industria en mobles, coñecida por Galicia enteira. Tivemos ocasión de visitar una zona poco coñecida da Galicia profunda, cargada de riqueza madereira, augas medicinais e excelentes carnes. Por comparación coa nosa, gústanos máis a nosa, pero a Galicia interior tamén ten os seus encantos . Foi una clase diferente pero moi interesante.

Unha vez máis o Alumnado da UNED Sénior de Xestoso quere agradece-lo labor de todas cantas persoas e entidades fan posible este enriquecemento para todos nós. ¡Lástima que non houbera aulas así por toda a Galicia rural!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES