Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dende o sol nacente

lunes, 23 de marzo de 2015
Hai cousa de dúas semanas, día arriba, día abaixo, recibín un correo electrónico na miña que, literalmente dicía: “A quien corresponda: Quisiera saber si no seria posible realizar la visita al oratorio de San Miguel de Celanova el domingo 8 de marzo por la tarde o el lunes 9 por la mañana. Sé que está fuera del horario normal, pero me gustaría, si fuera posible, sacar unas fotos para la publicación de mi tesis doctoral. Vivo en Japón y no suelo poder pasar por ahí... Muchísimas gracias por su amabilidad. Dr. arquitecto Yoshi Ito. Tokai University (Japon)”.

Loxicamente, a comunicación encheume dunha enorme sorpresa, ó mesmo tempo ca –como diría o vello monarca- “de orgullo y satisfacción”, polo que de contado –ateigado tamén de incógnitas- me puxen á súa enteira disposición para facerlle compañía na visita que con tanto entusiasmo desexaba realizar á tan “nosa” capela mozárabe de San Miguel

Por máis que fose arquitecto e que o edificio que nos liga cos anos do fundador de Celanova sexa certamente único en conxunto e dimensións no entorno do sur de Europa, a principal pregunta que rondaba a miña cabeza era qué tipo de estudo podía estar realizando alguén para xustificar un desprazamento dende máis alá do horizonte ata estas terras de ningures, co simple obxectivo de fotografar un edificio que non mide máis alá dos 12 metros de longo por pouco máis de 6 de ancho.

E velaí que, cando chegou e tivemos ocasión de falar de vagar, explicoume que hai uns cantos anos, no seu último ciclo universitario estivo dous ou tres cursos estudando na Complutense madrileña e que, producto desa etapa formativa coñeceu en profundidade a arquitectura prerrománica do antigo reino de León, a onde como moitos lectores saben, pertenceu o reino de Galicia e polo tanto, ademais de Santo Tomas de las Ollas, de Santiago de Peñalba, de San Cebrián de Mazote e algunhas outras construccións máis, tamén daquela se achegou a Celanova para coñecer de primeira man a capela de San Miguel, así como Santa Comba de Bande.

Naquel intre acabou a tese de doutoramento e agora, unha vez que conseguiu financiamento, aquela tese de doutoramento acabará tomando forma de libro que publicará, evidentemente, en xaponés, porque a ese mercado lector é o que se dirixe co fin de divulgar alá a arquitectura alto medieval de occidente.

Tendo en conta que falamos do país do sol nacente e que o protagonista desta historia é unha soa persoa, etc... alguén podería considerar isto unha mera e “simpática” anécdota. Sen embargo, eu, que levo moito tempo escribindo sobre a necesidade real de darlle valor real ó noso patrimonio monumental, non podo relegar este episodio soamente nese ámbito, senón elevalo á categoría de máximos e berrar unha vez máis que a miúdo creo non sermos merecentes de todo canto nos legou a historia.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES