Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Marmurios de séculos

viernes, 20 de marzo de 2015
Ao longo da historia tódalas culturas exaltaron á árbore como fonte e lección de vida, e as mais antergas sociedades chegaron a divinízalo.A árbore reunía tódolos elementos da natureza: a auga que fluía no seu interior, a terra que se incorporaba ao corpo a través das raíces, o aire que daba vida ás follas e o lume que nacía da fricción da madeira A importancia das árbores nesta sociedade industrializada, e polo tanto ameazada polo progresivo deterioro do medio ambiente provocado pola polución e a contaminación que non rematan, a masa arbórea adequire unha maior importancia; e así, canto neste senso se faga por concienciar á cidadanía, especialmente á xente moza, será un labor digno de loubanza e aínda, para as institucións, unha obriga.

Cando o home fixo a aparición sobre o planeta Terra coñeceo a árbore. Non é posible concibir a vida humana sen a súa presencia. O home de contado decatouse de que, ademais da caza, tamén podía obter alimentos da terra, pero que era necesario traballala, para o que precisou de utensilios rudimentarios que lle permitiran labrar e plantar o que despois daría froitos. É fácil supor que a árbore ofreceulle as súas ramas e troncos xoves que usou a modo de ferramentas.

Unha das mais fermosas e delicadas loas á árbore que coñecemos é da eximia cantante lírica Teresa de Berganza: “El canto es un “árbol frondoso” plantado en las orillas del río de la vida. El árbol sabe del susurro de la corriente, del frescor de sus fuentes, de su risa en la montaña y su sonrisa en la cascada. El canto es “árbol sagrado...”.

Non son pensamentos baladís, en tempos depredadores dos irreemplazables valores da natureza. “As árbores: marmurios de séculos...”

O Día Mundial da Árbore, instituído en Suecia o ano 1840 celébrase no noso país o 21 de marzo de cada ano. A Organización Mundial da Saúde recomenda a plantación dunha árbore por cada tres habitantes, en vilas e cidades. Non o esquezamos.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES