Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Penosos premios

lunes, 10 de abril de 2006
Primeiro foron os Oscar, premios totais no audiovisual: glamour, presentadores de sona mundial, selección de filmes, mención dos nominados e, como colofón, lectura do nome seleccionado para pasar á historia.

Con esta fórmula, tamén os da música. E a saber cantos máis.
Como o plantexamento pareceu e parece xeitoso, cando xurden outras galas, cópiase sen máis o estilo.

A escala hispana, son os premios Goya, tamén do audiovisual, os que se “benefician” deste xeito de facer espectáculo.

Nos Goya, glamour, presentadores de sona nacional, mención dos nominados e, como colofón, lectura do nome seleccionado para pasar a unha historia máis doméstica.

Igual que os do cine, os do teatro e os da música.
Se seguimos reducindo ámbitos, a escala galega, hai tamén premios… Que copian o que se fai a escala hispana, copiado á súa vez da gala mundial.

E se a escala global os Oscar repiten ano tras ano a súa fórmula, e xa cansan un pouco; e os Goya resultan penosos, os galegos chegan a ser patéticos.

Audiovisual ou teatro, todo é igual, aburrido, monótono, sen gracia. Sen unha soa idea orixinal.

E eso acontece co sector chamado á maior innovación, á septima arte cando se trata da gala do Audiovisual, ou a unha das primeiras nos premios María Casares.

Mal anda a profesión se nas súas galas anuais non da máis de sí. Mal anda a profesión se non hai máis ideas que poñer en escea. A última edición televisada foi para chorar.

Sorte que, por agora, non se fai nada a escala provincial ou local. Poderiamos morrer de noxo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES