Necesitamos confiar
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 19 de marzo de 2015
¿Quen non experimenou algunha vez na súa vida a necesidade de desconfiar?
-Desconfiar das persoas
-Desconfiar dos productos que nos ofrece a sociedade de consumo.
-Desconfiar de se tal medicamento terá ou non terá efectos contraproducentes...
-Desconfiar se as calificacións que nos puxo aquel profesor serían xustas.
-Desconfiar dos propios fillos.
-Desconfiar incluso dos pais.
-Desconfiar, desconfiar, desconfiar
Teño oído que hai quen desconfía ata da súa propia sombra.
¿Cómo será esa vivencia?
¿Por qué pasarán pola nosa mente todos estes pensamentos negativos?
¿Non estaremos engadindo probemas inexistentes a outrtos existentes?
-Se imos polo mundo desconfiando das persoas que nos atopamos na vida cotiá...
¿Non estaremos convertindo esta fermosa vida nun constante sufrir?
¿Non será mellor confiar en que a maioría das persoas somos boas aínda que teñamos algúns defectos?
Certo que hai persoas que ofrecen máis confianza que outras, pero indo com precaución.... no ten porque pasarnos nada malo.
-Se pensamos que todo canto comemos, é perxudcial para a nosa saúde...¿De que nos imos alimentar?
-Se desconfiamos daquel medicamento que nos deu o médico...¿Que efecto nos fará?
-Se desconfiamos das titulacións que nos ofrecen as institucións educativas...
¿A onde recurriremos para obter un título que acredite a nosa vaíia académica?
A veces oio conversas nas que certas persoas maiores se mostran desconfiadas ante os propios fillos.
Se non confían nos seus propios fillos, as súas razóns terán, pero eu pregúntome:
¿Que poden esperar dos fillos dos outros?
Tamén sei dalgún caso que non confían nos seus propios pais cando estes pasaron mil e unha calamidades para crialos e darlles o mellor que pudieron.
E por unha nimiedade, tecen e tecen ata chegaren a encher deste xeto os petos dos avogados.
¡Que pena!
E cando se trata da vida en parella: o teu é teu e o meu é meu
¿Onde están os vínculos do amor?
¿Onde quedaron as promesas feitas noutros tempos?
¿Ata ode chega o noso egoísmo?
¿Por que nos volvemos tan desconfiados?
¿Será a desconfianza un dos pecados capitais da sociedade actual?
¿Terá algo que ver a ignorancia relixiosa?
¿Ata nde chegan os nosos fumes?
¿Terá algo que ver o feito de ter expulsado ó mesmo Deus das nosas vidas en moitos casos?
¿Estará a punto de derrumbarse a nosa Torre de Babel actual?
Vostede, outras moitas persoas e máis eu sentimos necesidade de recupera-la confiaza nos outros, nos bens que nos ofrece a sociedade actual, en nós mesmos e nesse Ser Superior que o mundo Cristián chama: Deus.
Pero para eso CONVÉN PERDER TEMPO.
Perder tempo será o vindeiro título.
Algo a simple vista un tanto difícil nos tempos que corremos, pero a veces para gañar, antes, hai que perder.
Moitas grazas por acompañarme nestas reflexións que acabo de facer sobre a desconfianza ou sobre a confianza, según como se mire.
Graciñas

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora