Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mellor Paletilla que Paletada

miércoles, 18 de marzo de 2015
Hai uns días xurdiu a polémica polo vídeo de Enrique Iglesias no que promocionaba Galicia en 40 segundos. Se me dese agora unha febre relativista diría que o tempo non é igual para todos e que debemos agradecer a Enrique Iglesias que xenerosamente nos cedera 40 segundos por só 302.500 euros. Mais o certo é que agora mesmo non teño febre e non podo ser o que nunca fun. Entón, non me queda máis remedio que indignarme con este gasto que máis que política cultural paréceme unha paletada con moi pouco gusto.

Mais, todo ten o seu lado positivo e, o que si hai que agradecerlle a Enrique Iglesias é que a indignación que provocou puxo en marcha o xenio galego para dar lugar á súa creatividade máis orixinal. Dita creatividade resultou ser máis económica e dun valor cultural superior xa que amosa realmente como é o pobo galego nas súas paisaxes máis autóctonas. Co título “A pale tilla” o Páramo Pictures saca un vídeo de sete minutos que reborda xenialidade e amosa que a vontade de querer é o segredo dos grandes artistas. Páramo Pictures fai unha versión en galego que ao meu xeito de ver deixa en evidencia a xestión cultural feita neste caso. Non ten sentido unha inversión deste calibre para unha promoción da que moitos espectadores nin sequera se van decatar se non é porque lerán no vídeo “Galicia, Spain”. O vídeo contén imaxes esfiañadas da nosa terra nas que, probablemente, ninguén repare, xa que creo eu que a maioría das persoas que vexan o vídeo terán a atención posta nos participantes do mesmo.

Entón, case me quedo co xenio galego de Páramo Pictures que con poucos recursos saltan ás redes de internet e xa contan con arredor de 200.000 visitas. A diferenza entre as visitas dun e doutro é que os que ven ao Páramo Pictures son conscientes do que ven e fano, tamén, coa consciencia de ser dunha terra con xenio creativo. Dubido humildemente que a audiencia do vídeo de Enrique Iglesias (que é moita) se moleste a posteriori en buscar as paraxes que aparecen durante a canción, máis ben, creo que procurarán baixar a canción e acabouse. Entón dubido, tamén, da efectividade da política cultural que reflicte esta inversión.

Particularmente, gustaríame que se promocionara máis a creatividade galega e, a ser posible, en galego xa que considero que temos moitos e bos creadores que apenas pisan os medios públicos, o que non deixa de ser estraño.

Deséxolle longa vida á creatividade do Páramo Pictures que con poucos medios nos convida a rirnos de forma sa e enriquecedora de nós mesmos, ensinándonos que unha política cultural non ten porque ser excesivamente cara pero o que si resulta indispensable é que coide aos seus creadores. Longa vida á Bertolina e a Pale tilla e, con elas, a quen nos ensina a rirnos de nós mesmos.

https://www.youtube.com/watch?v=5GM0exxN9Yc
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania