Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha historia de amor

viernes, 07 de abril de 2006
Os ritos litúrxicos nas igrexas e as tradicionais procesións nas rúas do noso País han de ser acollidos polos cristiáns como unha forte chamada á responsabilidade á hora de vivir con coherencia a nosa fe. Non só imos lembrar/conmemorar o Feito meirande que pasou no mundo, senón que imos procurar vivilo, celebralo e, sobre todo...¡agradecelo!

Xesús sube a Xerusalén, abatido polo abandono, a tristura e soidade ante a morte fóra da Cidade Santa, “á que El tanto amou...e que apedrea/mata aos profetas e non perdoa ao propio Fillo de Deus”. Sube doído pola ingratitude e a incoherencia do seu pobo e dos amigos pero fondamente motivado polo seu inquebrantable amor e fidelidade a Deus. A Deus Pai e a todos nosoutros, seus irmáns/ás. “Para iso vin ao mundo”, afirma. Con El chega a Pascua, o tempo de graza, da salvación. Encarnou en Si mesmo a máis sublime historia de amor polo que debemos escoitar as súas palabras, contemplar os seus xestos, recrear os seus detalles. Palabras e feitos que rachan todos os límites do amor/entrega.

Se queremos ser tamén nosoutros responsables e coherentes temos de afrontar a nosa vida dun xeito semellante. Coa mesma coherencia, liberdade, confianza e seguridade en Deus. Sendo valentes para rachar coas verdadeiras causas da hipocrisía e do fariseísmo que levaron a Xesús ata á morte. Coma daquela, tamén hoxe, sectores minoritarios da sociedade seguen a levar á paixón e á morte cruel a milleiros de persoas, os cristos e os crucificados do noso tempo. Abondan en todas partes e están á vista de todos.

Son masas de persoas que esperan a súa liberación. Son milleiros de sufridores fronte aos poderes políticos, relixiosos e económicos. Son inocentes, vítimas das inxustizas, marxinacións, guerras, violencias, fame. Os cristos pacientes e martirizados deste século Os escravos, os costaleiros forzosos (os das longas procesións de africanos nas pateiras) que portan as necesidades e tristuras polo deserto e mares, camiño do soño europeo.

A Deus grazas, abondan xentes sinxelas que confían/esperan. Que, con ou sen ramos de loureiro nas mans, saen ao encontro de Xesús e están dispostas a seren verónicas que enxugan bágoas, cireneos que axudan a levar a cruz e mulleres que se compadecen e son quen de aguantar firmes aos pé da Cruz a soidade das Marías abandonadas deste mundo.

Precisamos máis vitorias da vida sobre a morte. A Cruz é o trunfo da vida e do amor;  da verdade sobre a mentira; da xustiza sobre a inxustiza; da paz sobre a guerra; do amor sobre o odio/vinganza. Son días santos: para condoerse cos que sofren, para revisar as accións que moven as nosas vidas, para abrirnos cara a solidariedade cos que sofren por calquera causa e para tomar máis en serio ao noso Deus e aos nosos irmáns.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES