Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

10.000 amadores

viernes, 07 de abril de 2006
Os portugueses teñen para o que nos chamamos “afeccionados” unha palabra exacta e xeitosa: “amadores”.

Para os veciños de máis aló do Miño, “amador” – aplicándoo ós nosos xeitos - é o que gosta do canto, o dilettante da música, o siareiro deportivo ou o actor dunha compañía teatral de afeccionados, que desenvolven a correspondente actividade sen pretensión económica de ningún tipo pero co interese que despertan os temas que nos entran directamente polos ollos do corazón.

Non está comprobado que a defición de “amador” ou a de “afeccionado” se lle poida asignar ós que teñen ideas, devoción ou pertenza a un grupo político, aínda que os seus desintereses económicos e o seu interese ideolóxico sexa tan puro coma os do máis afervoado participante en actividades socio-culturais.

O P.P. busca 10.000 amadores.

É o grupo político con máis afiliados, pero entende que este é o momento de reforzar esta nómina, que non só produce beneficios económicos polas cotizacións que os membros dun Partido pagan, senón pola rendibilidade social que supón que, estando na oposición nos gobernos do Estado e de Galicia, se consiga incidir de xeito tan directo na sociedade galega como para incrementar en 10.000 os afervoados polas ideas que o PP propugna.

Os políticos falan sempre da herencia recibida, con motivo de calquera cambio de goberno. Neste caso, a herencia recibida de apoliticismo, propicia que a afiliación dos nosos partidos sexa escasa e a participación da vida política bastante pobre. Tamén inflúe que a vida que os propios partidos permiten, o xogo político, está bastante condicionada polos poderes establecidos en cada circunscrición.

Teña o PP os seus 10.000 novos amadores, que lle virán moi ben no difícil tempo político que se aveciña. Suba o número dos políticos coma o aceite, que experimentou un alza de case o 44% nun só ano. E controlen todos a súa actividade, fondo e formas, de maneira que poidamos seguir razonando sobre o futuro sen que haxa que aplicarlles ós políticos o que agora queren facer cos cazadores: control de alcoholemia.

Amemos -tamén no terreo político- pero seguros.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES