Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Luis, amigo

lunes, 16 de marzo de 2015
Resulta moi difícil falar dun amigo cando xa non está, cando atravesou a liña que delimita o ser do non ser e pasou a morar na memoria dos que aínda estamos camiñando por ela. E non resulta doado porque é moi fácil caer no alago trivial e gratuíto cando trátase de falar en pasado a xeito Luis, amigode obituario. E eu non quero facer isto hoxe: prefiro poñer a amizade por diante de todo e facer terapia emocional con vós tratando de explicar o que o meu querido amigo Luís Mera significou para min perante un feixe de anos de amizade compartida.

Unha vez lin que a amizade é coma un árbore que vai crecendo pouco a pouco. Cando o plantamos non podemos pretender poñérmonos ó abeiro da súa sombra, temos que esperar a que crezan as polas. Gustoume o símil. Cando coñecín a Luís pareceume un home intelixente e ilustrado preocupado pola cousa pública e comprometido cos menos favorecidos, o que me fixo pensar que era posuidor dun humanismo pouco implantado nun país moi necesitado de homes coma el. Axiña decateime que era un home de esquerdas e máis adiante souben que non era militante de ningún partido maila ter as súas simpatías, como é lóxico e natural.

As polas aínda non creceran, pero no tronco xa agromaban brotes verdes, e pasado o tempo decateime que ese árbore xa producía unha sombra ó abeiro da cal eu sentíame cómodo. Houbo unha certa metamorfoses que fixo que Luís se proxectase na xa mítica figueira da súa horta de Santa Icía que sabe tanto de reunións nas cálidas tardes de verán con xentes do mundo das letras, da política, da música... Baixo as polas daquela figueira convertida xa en amizade madura xurdiron moitas arelas: estruturáronse revistas de Ferrol Analisis, proxectáronse cursos de verán “Carlos Gurméndez”, concertos, deseñáronse exposicións de “Galicia en Foco” e íase inxectando sabia ó Club de Prensa do que Luís era todo.

Implicábanos, contaxiábanos e tiraba de nós a xeito de cabeza de tracción. Cando xurdía unha tormenta de ideas el xa dobrara o paraugas porque na súa cabeza saíra o sol cando nas nosas aínda seguía a chover.

Tiña un xeito de traballar moi persoal, peculiar se queredes, pero moi efectivo. Era ademais un lector empedernido, un lector que asimilaba, a diferenza de outros que non reteñen nada. Pero por riba de todo Luís era un amigo no amplo senso da palabra. Foise e deixou un oco difícil de cubrir. Talláronme a árbore. A Cultura quedou sen un dos seus principais activistas, pero a min o que máis me afecta é a perda do amigo. Coa amizade de Luís é co que eu realmente quero quedar. Abofé.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES