Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Xustiza segue cos brazos cruzados

lunes, 16 de marzo de 2015
Se a algún político alguén lle salta na aña ou lle unta a badana, ármase as de Deus é Cristo. Ese alguén vai dereitiño ó cárcere. Se hai un caso de violencia de xénero, ou de maltrato, ou de racismo, a Xustiza actúa de oficio e sen esperar rabos de gaitas. Paréceme estupendo. Pero todos os luns e martes (que é cando adoitan asomar as novas deportivas da fin de semana ós xornais) aparecen casos de maltrato, malleiras, violencia e racismo tamén sobre os árbitros. Non hai unha fin de semana libre de pecado! Si, volvo ós árbitros.

Porque o que está acontecendo con este colectivo pasa xa de castaño escuro. E ningunha institución reacciona: nin o comité de árbitros, nin as federacións, nin a sociedade colectivamente e, moitos menos, o Goberno. Este era o que tiña que actuar vendo a ineptitude dos demais. Actúan ante os que nomeei ó principio (xeralmente adultos) e non o fan cos árbitros cando incluso a nenos-árbitros os mallan. Hai uns días fixérono en Ceuta. O outro día o presidente do Baíñas, para máis aquel concelleiro do PP en Vimianzo, e logo de estar suspendido xa por tentativa de agresión a un árbitro, vai o paspán, o mameluco (non merece outro nome) e declara que “o día que o pille (ó árbitro, claro) vaise acordar”. E a Xustiza segue cos brazos cruzados.

Cada vez admiro máis o valor, a valentía dos árbitros. Hai que ter bemoles para aguantar a tanta camándula de ineptos, de violentos e de pais que non saben dar exemplo. Debería arbitrar o ministro de Interior.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES