Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Roma, Lugo e Vigo

jueves, 06 de abril de 2006
Dicía Murguía que en Lugo non había máis que levantar unha laxa para atopar anacos de Roma. Que a civilización romana asomaba de debaixo do pó do chan para volverse presente vinte séculos despois.

O mesmo ocorre en Ourense, onde os romanos fundaron a cidade do ouro e das augas termais.

Algo menos quizais na Coruña (onde posúen o faros romano máis famoso do mundo), e no Pontus Veteris, Pontevedra.

En Vigo, en principio, non se pensaba, por coidar que non fora moito máis ca unha aldea de pescadores que respondía ó nome de Vicus Spacorum.

Pero nos últimos tempos, en Vigo comeza a asomar a historia. Cada obra, trazado, proxecto... require unha excavación. E aparece Roma.

O último, polo de agora, unha ara erixida ós deuses manes, que proclama airosa que debaixo da cidade actual existe outra igualmente importante, completando a xeografía romana deste Fisterra.

Para Lugo, a Xunta de Galicia ten previsto un centro de interpretación, ou parque, ou a instalación que sexa sobre a presencia de Roma. Mantendo este proxecto haberá que contar con Vigo tamén como punto importante da futura presencia romana en Galicia.

Hai, ademáis da capital lucense, da cidade de Ourense, de A Coruña, fermosas xoias romanas como Montefurado, o Castro de Viladonga, San Cibrán de Lás, Pontes, Vías...

Pero ahí temos a Vigo como fenómeno emerxente.

Quen o ía dicir: A capital económica de Galicia é un potencial histórico descoñecido e moi apreciable.

Roma, Lugo e Vigo. ¡Por fin xuntas!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES