Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nós, apoiámosvos

sábado, 14 de marzo de 2015
Nestas datas, páxinas e máis páxinas de xornais faláronnos dos dereitos da muller traballadora.

Realmente é un tema que clama ó ceo, e ben merece a pena; pero non é menos importante o tema que imos tratar na UNED Sénior de Xestoso, do que moi pouco se fala ou polo menos moi pouco se fala en sentido positivo.

Vexamos:
Desde que o ser humano apareceu no noso planeta, a procreación é necesaria para a perpetuación da especie.
Desde sempre, son as mulleres as encargadas da xestación, do parto, da lactancia e de outros moitos labores estrictamente femininos.
Por outra banda estamos en Galicia, a rexión máis envellentada de Europa.
A nosa poboación vai en descenso porque as defuncións superan con moito ós necementos.

Literalmente, estámonos quedando sen nativos, mal que nos pese. Eso din a estadísticas e nós podemos velo cos nosos propios ollos no noso entorno..
Moitas aldeas desaparecen por falta de nenos e, de momento. non se lle ven remediós a este problema tan importante.

O que é peor: as nosas aldeas están pasando a mans de extranxeiros para convertilas en lugares de lecer para ricos, perdendo así a nosa idiosincrasia, as nosas raíces galegas, a vida de aldea, a vida labrega..

Moitas mulleres en situación de procrear, non se atreven a facelo por varias razóns:
-Unhas, terán razóns persoais, nas que non imos entrar.
Os motivos persoais pertence á vida íntima das persoas.
Pero outras moitas –aínda que pareza mentira- son debidas ó medo a seren despedidas do seu posto laboral que tanto traballo lles costou conseguir nestes tempos tan difíciles.
.
E outras, prívanse de ter fillos por medo a non poder conseguir un posto de traballo, ou por teren dedicación exclusiva ós coidados da familia.
Levamos moitos anos vivindo en democracia pero no tocante a este aspecto estamos moi atrasados.
Certo que existen algunhas axudas, pero son absolutamente insuficientes a todas luces para os tempos que nos toca vivir.

Desde o Alumnado da UNED Sénior de Xestoso, por natureza de idade moi avanzada, facémonos preguntas deste estilo:
-¿Cómo pode ser que nun país civilizado se teña que renunciar a un ben tan esencial como son os nacementos, por falta de apoio?
-¿Cómo pode ser que unha muller que tiña un traballo antes de quedarse embarazada, o perda unha vez que nace a criatura?
Certo que esto ó funcionariado non lle pasa, pero na empresa privada, con moita frecuencia.
As estadísticas din que o 45% das mulleres que tiñan un traballo, pérdeno á volta da maternidade.
¡Que pena!
Nin que a ,maternidade fora un delito.

-¿Cómo é posible que unha muller xestante non poida recibir tódalas atencións necesarias por medo a perde-lo posto de traballo, arriscándose a abortar en según que circunstancias?
E naqueles casos que deciden ter una criaturiña:
-¿Son suficientes dezaseis semanas?
¿Canto recomenda a Organización Mundial da Saúde para a lactancia materna?
Nas ciudades, vai habendo garderías, outra cousa é que se poidan pagar, pero no medio rural galego:
-¿En que situación se atopa a nai no medio rural galego despois das dezaseis semanas?
-¿Onde están a guarderías?

Supoñendo que a criaturiña teña avós exentos de vida laboral e relativamen te próximos na distancia:
¿Convertimos ós avós en canguros?
Unha cousa é que os avós lles dediquen algunhas atencións, nun momento concreto, pero tendo en conta que hoxe en día a xente nova tarda moito en decidirse a ter fillos, loxicamente os avós tamén van avanzados en anos e na maioría dos casos está cargados de achaques.

Polo tanto:
¿Están os avós en condicións de criar netos?
Son moitos os factores que están conducindo á reduci-la natalidade.
Estamos vendo o que está pasando: estamos quedando sen relevo.
¿Por qué os políticos non tocan estes temas nin tan siquiera en tempos de eleccións?
¿Cómo é posible tanta falta de sensibilidade ante un tema tan sensible?
Parece mentira, pero o nosos corazón estase endurecendo demasiado.
Ó Alumnado da UNED Sénior de Xestoso, parécenos incrible, pero a realidade dinos que é certo.

Un aspecto puramente feminino no que a muller se ve privada de realizarse como tal en moitos casos. E non só a muller: a muller en primeiro lugar, en segundo tamén o home e en terceiro a sociedade.

Unha sociedade humana ser nacementos non se mantén. Morre. Está chamada a desaparecer.

Unha de dúas:
Ou nos conciencimos da relevancia da muller como transmisora de vida, ou estamos chamados a desaparecer como país con identidade propia.

O pasado día once, o Alumnado da UNED Sénior de Xestoso, reuniuse en Paderne, presidida polo seu Coordinador, Luis Ángel Rodríguez Patiño, : para concienciar á sociedade e ós poderes públicos da necesidade de protexe-la maternidade como primeira necesidade para recupera-lo equilibrio poboacional do que tan necesitada está a terra galega.
Porque a nosa terra precisa sangue novo que encha as nosas aldeas de vida.

Desde aquí facemos unha chamada a quen corresponda para que Galicia recupere brazos e mentes capaces de situala no lugar que lle correspode no mundo, mundial.

Porque Galicia existe desde tempos inmemoriables e desexamos que siga existindo mentres que o mundo sexa mundo.

Os ventres das nosas mulleres en idade de procrear, farano posible por pouco que sexa o apoio que teñan, porque a muller galega sempre foi e seguirá sendo a matriarca de Galicia.

Foi o sostén da terra en tempos de guerra, en tempos de emigración, e –non se sabe moi ben como, pero seguirao sendo no futuro.

Nós apostamos por ela como fonte de vida e como eixo fundamental na vida familiar e social.

¡Ánimo, mulleres, seguide loitando polos vosos dereitos!
¡NÓS, APOIÁMOSVOS CON TÓDALAS NOSAS FORZAS!.

(MERCEDES CACHAZA PLATAS, colaboradora de Galicia Digital, é Alumna da UNED Sénior de Xestoso - Aula de PADERNE / A Coruña).
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES