Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Espazo para o misterio

jueves, 12 de marzo de 2015
Uns máis e outros menos, pero todos sabemos que a ciencia avanzou moito.
¿Imaxinaríanse os nosos avós, bisavós e tataravós, que teríamos a ocasión de falar co persoas moi dístantes véndonos as caras?

¿Imaxinarían os nosos avós, bisavós e tataravós, que poderíamos mandar mensaxes instantáneas a persoas lonxanas desde a nosa propia casa?

¿Imaxinarín os nosos avós, bisavós e tataravós, que desde a propia casa podemos acceder a lugares de todo o mundo?

¿Imaxinarían os nosos avós, bisavós e tataravós, que habería drons que navegan sen piloto?

¿Imaxinarían os nosos avós, bisavós e tataravós, que se poidan facer intervencións cirúrxicas sen cortar?

¿Imaxinaríanse os nosos avós, bisavós e tataravós, que cun aparato pode saberse se temos os calcio suficiente nos ósos?

¿Imaxinaríanse os nosos avós, bisavós e tataravós, que cada membro da familia teña o seu propio coche?

Poderíamos seguir facendo preguntas sen parar porque a verdade é que a ciencia e as novas tecnoloxías están cambiando o noso modo de vida.
Agora permítame que me siga facendo algunas reflexións:
-Eu –igual que vostede e moitas persoas máis- fago uso do Skipe pero a verdade é que non teño nin idea de cómo funciona.
É probable que vostede si, pero eu non.
Non sei como funciona, pero fíome del e benefíciome dos seus servizos.

-Tamén sei que grazas á rede podo acceder a lugares moi distantes ou saber como se fai calquera cousa; pero non sei como é o mecanismo interno deses aparellos tan de moda como son os ordenadores, os móbiles....
Non sei como vai, nin se me están controlando desde algún punto, pero fíome e fago uso deles diariamente.
Esto mesmo pásalle a millóns e millóns de persoas hoxe en día.
¿Coñecen tódalas persoas os intríngulis destes aparellos?
Todas, todas, seguro que non porque eu son unha delas.

-Tampouco teño nin idea como pode ser que se dirixan a tanta distancia os drons, pero teño visto as imaxes que ofrecen e fíome deles.

-Tampoico sei como é posible que che fagan unha intervención cirúxica sen cortar. Eso sí; a min xa me fixeronm varias e cónstame que por un burato envían unha cámara e por oitra o bisturí e fan todo o que teñen que facer.

-Por razón de idade teño feito varias densitometrías, pero tampouco teño idea de cómo funcionan aqueles mecanismos que entran dentro de min sen lastimarme nin facer ruido.

-Moitos dos nosos avós utilizaron tan só o coche de línea cando podían pagalo e agora, todos ou case todos temos coche propio.

A verdade é que dispoñemos dunha morea de robots na casa que nos fan a vida máis confortable, pero –na maioria dos casos- non coñecemos os seu funcionamento interno.
Por esa razón temos que chamar ó técnico cando algo se avería

Cando a vida moderna nos ofrece algo novo, non sabemos como vai pero decidimos facernos con el para incorporalo ás nosas vidas.
Certo que algunhas persoas móstranse reticentes, pero a inmensa maioría arriscámonos a experimentar algo novo.

¿Por qué nos comportamos así?
Algunhas persoas fano con coñecemento de causa, pero a maoría porque nos fiamos.
Porque aceptamos o que para nós é algo así como un misterio.

Esto pásanos nas cousas máis palpables da vida diaria.
Hai outras cousas que non son tan palpables pero ninguén pode demostrar nin que existan nin que non existan.

Refírome ós asuntos espirituais que tamén forman parte da persoa humana.
Ante situacións duras da vida preguntámonos por que nos ten que pasar eso a nós.
Que lles pasen cousas raras a outros aínda chegamos a admitilo, pero que nos pasen a nós…

Ben, pois eu pregúntome:

-¿Ven alguén a este mundo cun seguro de vida?
Cun pan debaixo do brazo veñen algúns, pero o seguro de vida que nos ofrecen os bancos e as compañías de seguros é ben diferente.

-¿Garantizáronlle a alguén que estaría libre de contratempos?
Unhas persoas teñen mellor saúde que outras.
Unhas persoas teñen moita sorte na vida, otras non a dan acadado.
Unhas persoas gozan de boa compañía, outras están soas.
Unhas persoas teñen os ingresos necesarios para levar unha vida digna, outras amáñanse coa necesidade.

¿Dixéronlle a alguén que tería noventa ou cen aos de vida?
Son raros os centenarios, a maioría morre a unha idade prudencial e otras en plena xuventude ou na infancia.

¿Existe algunha fómula para consegui-lo todo?
De que eu saiba, non. Por eso nos convén ter na nosa mente un espazo para o misterio.
Un misterio que non nos deixe caer ó vacío, por eso necesitamos confiar.
“NECESITAMOS CONFIAR” será o título do seguinte artigo.
Graciñas por dedicar uns instantes a ler estas reflexións miñas nesta ocasón.
Eu fíxeme moitas preguntas.
Quizais vostede tamén poida face-las súas propias e sacar algunhas conclusións.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES