Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crer no humor e na liberdade

miércoles, 11 de marzo de 2015
Fun ver “The interview”, de Evan Goldberg e Seth Rogen, unha cinta polémica que xa conta coa ameaza e a hostilidade do “amado líder” opresor, inhumano, xenocida e tirano Kim Jong-un que herda de seu pai tales adxectivos e outras carencias como a falla total de piedade e empatía co xénero humano. Un home educado en Suíza que parece que foi impermeable aos ventos da liberdade e á defensa da dignidade humana.

Non é o meu obxectivo falar da película que, aínda que me gustou, coido que é unha comedia disparatada que ten (iso si!) a coraxe de denunciar a infrahumanidade dun réxime xenocida. Para min a comedia, na que dous periodistas americanos que tratan de entrevistar a Kim Jong-un e atópanse cun país hermético, burocratizado e mitificado en torno a absurdos opresores que se divinizan para perpetuarse no poder. Contra o mito, o humor devólvenos ao realismo para descubrir máis obxectivamente o noso entorno. Por iso, o humor é un ben que temos que protexer tendo en conta que con el protexemos a nosa propia liberdade.

O humor é o mellor cambio de perspectiva dos problemas, o bálsamo que abre camiños ao pensamento. O humor comparte no milagre da gargallada e limita o desespero tecendo porvires. O humor é un continuo proxecto crítico que caricaturiza erros para aprender deles. O humor é unha ferramenta unicamente ao servizo dos países democráticos, transparentes, exentos de tecnócratas e salvapatrias que non lle teñen medo aos designios da conciencia soberana do pobo. Países, por certo, que se perciben a sí mesmos como nación e xamais como pobo tendendo a infravalorar ás súas propias xentes.

A criticidade é a ferramenta fundamental da democracia e da liberdade. Se queremos ter futuro temos que valorar a expresión de todas as perspectivas da realidade, incluídas as opostas construíndo sobre elas os alicerces ceibes que o ser humano precisa para desenvolver unha vida en plenitude.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania