Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (51)

miércoles, 11 de marzo de 2015
Recordando o río de lavar


Nos anos corenta, non había lavadoras. As nais eran as que ensinaban ás fillas a lavar. Levábannos con elas, pois era toda unha aprendizaxe. A roupa dos labradores estaba moi sucia. Naqueles tempos, só se lavaban e mudaban as fins de semana. Non había cuartos de baño. Unha tina con
auga quente. Era todo o aseo que había.

O río de lavar tamén era como unha reunión. Alí, xuntábanse as veciñas. Sabíanse as novidades do rueiro. Xabón había pouco; tampouco había cartos para compralo.

A roupa mollábase, poñíaselle xabón, deixábase abrandar un pouco. Logo, refregábase contra as pedras do lavadoiro e sacábaselle o xabón no río. Despois, xa a roupa case limpa, poñíaselle outro xabón. A branca estendíase no campo ao clareo do sol. Se quedaba de noite fóra, pola mañá, cando se aclaraba, ulía moi ben.

De inverno, como non había sol, botábaselle auga fervida coa roupa enxaboada. Así quedaba ata o outro día que se aclaraba.

Aquelas mulleres lavaban moi ben. Tiñan a roupa branca coma a neve. Era unha riqueza ter unha muller que soubera lavar ben. Estender, estendíase nas silveiras.

Sempre, arredor dos ríos de lavar, había onde estender a roupa. Naqueles tempos, non había varandas, pero todo tiña solución.

Agora, as rapazas non aprenden a lavar. Se desapareceran as lavadoras, andaría a xente toda sucia ou terían que aprender a lavar.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES