Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gañaremos!

martes, 10 de marzo de 2015
Previamente a unhas eleccións, todas as forzas políticas manteñen un entusiasmo aparente, confiando que os resultados van ser tan brillantes que lles van permitir gobernar en solitario mentras o resto do abano político terá que conformarse cunha presencia silente nunhas institucións controladas con maioría absoluta.

Ese mesmo entusiasmo aparente perdura durante a xornada electoral, para que os seus correlixionarios non se desinflen antes de tempo, e mesmo para beneficiarse das enquisas a pé de urna que, incriblemente, permiten aos especialistas na materia calcular cal vai ser o resultado electoral.

Cando xa os votos foron emitidos e escrutados, cando o resultado friamente matemático evidencia que os electores decidiron continuar na habitual traxectoria, premiar ou castigar a uns e outros, os responsables políticos, sexa cal fose o resultado obtido, sacarán forzas de flaqueza e concluirán que o resultado foi unha victoria. Primeiro, victoria da democracia porque as eleccións se desenvolveron sen problemas dignos de mención, e logo porque cumpriron coas expectativas da forza política de que se trate, esa que –golpeada no máis íntimo, pretendida gañadora- terá un papel sempre importante na vida política na que vai participar.

Mesmo os que non teñan obtido sillón ben retribuído aparentarán estar satisfeitos por conseguir un determinado número de votos que ao seu xuizo acreditan un importante papel no entramado social ao que pertencen.

Todos contentos, especialmente os que obteñan escano. Porque nunca se sabe o que un escano pode valer, segundo soplen os ventos, e segundo as coalicións que se poidan formar. Non digamos xa se un determinado escano pode ser a chave do poder, e situar a determinada forza no goberno da institución..

Case dan ganas de darlle a razón a aquelo que din que ten dito Pío Cabanillas cando a democracia aínda presumía de virxinidade: “Gañaremos, pero aínda non sabemos quen”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES