Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Magdalena

martes, 04 de abril de 2006
Non podemos escoller os ministros á nosa medida, eso está claro. Pero parece como se os ministros de Fomento, que teñen que pechar con problemas multimillonarios e de gran calado físico e organizativo, tivesen que ser desagradables por natureza.

Álvarez Cascos, ó seu rostro adusto, unía un carácter fosco, xesto duro e palabra cortante. Claro que era asturiano, e por iso aínda que o idioma non é exactamente o mesmo, tantos séculos de roce xeográfico e humano proporcionaron unha similitude no trato e no xesto coas nosas mesmas expresións. Ademáis, gostaba do Plan Galicia.

Magdalena Álvarez é de máis lonxe, poñamos que mil kilómetros. Ven de mala gaña. Quizais non gosta do clima. Non gosta do Plan Galicia. Tal como ela opina, acabará sendo unha porquería.

Volveu a Galicia para dicir que o Ave vai ter doble vía - ¡que menos! -, que o tramo Santiago-Ourense se vai facer polo mellor trazado posible (o marcado polo seu antecesor hai tres anos; tres anos de atraso), e que se van suprimir algunhas peaxes en tramos de autopista (só para usuarios “domésticos”). E pretende que os periodistas aplaudan.

Non lle caemos ben. ¿Os galegos ou os medios?. O malo é que parece ser as dúas cousas: Os galegos e os medios.
¿Os medios galegos ou tódolos medios?. Polo de pronto, os galegos.

Agora que se fala de posible crise no goberno de Zapatero, aínda imos ter que poñernos a chorar como magdalenas, non porque se nos vaia esta ministra, senón por se segue baixando o nivel afectivo do titular de fomento cos extremistas (habitantes do extremo) do noroeste.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES